Home Pontevedra Baixo Miño Tomiño aposta pola vida activa da súa veciñanza cunha axenda de actividades...

Tomiño aposta pola vida activa da súa veciñanza cunha axenda de actividades saudables

- Anuncio -

Baixo o nome de Impacto saudable, o Concello pon en marcha un programa para fomentar o deporte a todas as idades

A primeira cita será unha actividade para descubrir o Camiño da Nosa Señora do Norte, andainas por tres tramos distintos da ruta para poñer en valor esta variante do Camiño de Santiago

O Concello de Tomiño pon en marcha ‘Impacto saudable’, unha completa axenda cunha programación deseñada para promover a actividade física e os hábitos de vida saudables entre a veciñanza. Unha iniciativa pioneira que busca incentivar a participación de todos os tomiñeses e tomiñesas, sen importar a súa idade ou condición física, para mellorar o seu benestar.
A alcaldesa, Sandra González, destacou a importancia deste programa para Tomiño. “Sabemos que a actividade física regular é clave para mellorar a calidade de vida, previr enfermidades e fortalecer o benestar mental. Con ‘Impacto saudable’ queremos crear un espazo no que os nosos veciños e veciñas se sintan acompañados no proceso de incorporar hábitos de vida máis saudables no seu día a día”, subliñou.
O proxecto inclúe un ciclo de andainas para descubrir o Camiño da Nosa Señora do Norte a Santiago de Compostela que comezará o vindeiro 6 de outubro ou andainas saudables todos os xoves con saída ás 10.00 horas dende o Centro de Saúde que arrancarán o vindeiro 11 de outubro. O exitoso programa Reactívate, destinado a maiores de 55 anos, repite edición estendéndose ás parroquias; ponse en marcha na Asociación Vontade e no Centro de Día o programa Coñecendo as emocións, convertendo a Tomiño no único municipio galego en acoller esta actividade; e a marcha nórdica debutará con varias clases de aprendizaxe en outubro e novembro.
Primeira cita, un percorrido polo Camiño da Nosa Señora do Norte
A primeira cita da axenda saudable de Tomiño será para descubrir o Camiño da Nosa Señora do Norte a Santiago á veciñanza. Ao abeiro do traballo realizado para a oficialización desta histórica variante, o Concello organizará este outubro tres andainas coas que percorrer tres tramos diferentes deste camiño ao seu paso polo municipio.
“Continuamos traballando para oficializar unha ruta histórica que conecta a nosa vila con outros municipios galegos e portugueses. Esta variante reforzará os lazos transfronteirizos e atraerá un turismo de gran valor patrimonial e natural, o que será un impulso tanto económico como cultural para Tomiño. E andainas como estas permitirán ir dando a coñecer esta senda de peregrinaxe”, salientou a alcaldesa, Sandra González.
As persoas interesadas en participar poderán coñecer o tramo do Camiño da Nosa Señora do Norte ao seu paso por Tomiño en tres etapas. O domingo 6 de outubro realizarase o percorrido dende o Espazo Fortaleza ata a ponte do Pego, con saída ás 10.00 horas dende o aparcadoiro do Espazo Fortaleza. O domingo 13 de outubro sairase ás 10.00 horas dende a igrexa de Tomiño para coñecer o tramo entre Ponte do Pego e Vilameán. A ruta rematará o domingo 20 de outubro saíndo ás 10.00 h dende o torreiro de Vilameán para acabar no Alto do Padrón. A actividade, apta para todos os públicos, será de balde e contará con servizo de transporte gratuíto para regresar dende o fin do tramo ata o punto de encontro.
O concelleiro de Lecer, Agustín González, explica que “estas andainas non só permitirán dar a coñecer e promocionar esta variante do Camiño de Santiago, senón que tamén consolidarán a nosa identidade transfronteiriza e histórica e atraerá a un turismo que busca experiencias diferentes”. Con prazas limitadas, as persoas interesadas en participar poden xa inscribirse nos diferentes tramos a través dun formulario habilitado na web municipal.
O proxecto de recoñecemento e posta en valor desta variante comezou hai máis de dous anos cun traballo iniciado pola Eurocidade Cerveira-Tomiño cunha investigación histórica realizada polo arquitecto e investigador Antonio Soliño, membro do Instituto de Estudos Miñoranos, que documenta o paso de peregrinas e peregrinos por Tomiño cara a Santiago dende polo menos o ano 1295, investigación que está recollida no libro ‘O Camiño (da Nosa Señora) do Norte a Santiago’. O propio Antonio Soliño participará nas rutas e guiará a todas e todos os participantes pola historia do camiño, desentrañando todos os símbolos que se atopan ao longo de todo o percorrido.

Relacionadas

Luis Menor enxalza a “vangarda” do Centro de Procesado Avícola de Coren e a...

0
O presidente da Deputación visitou as instalacións do Centro de Procesado Avícola, en Santa Cruz de Arrabaldo, onde traballan máis dun millar de empregados Menor...

A Xunta pon en marcha o novo polo de Vilanova de Arousa, consolidando con...

0
― José González puxo en valor a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego que prestou axuda a máis de 2.800 proxectos...

O Concello de Baiona celebra o seu magosto popular

0
A zona vella de Baiona acollerá este sábado 16 de novembro de 2024, un tradicional magosto popular. O evento terá lugar na carpa instalada...

Escape Room “Rexeita os malos tratos” no IES Primeiro de Marzo

0
Mais de 200 alumnos e alumnas do IES Primeiro de Marzo participan esta semana na actividade Escape Room educativo “Rexeita os malos tratos”, organizada...

Alumnado de 4º da ESO asistiu hoxe a unha nova proxección do programa O...

0
A través do cine traballarán na importancia do deporte, a inclusión, as redes sociais, a discapacidade intelectual e os videoxogos O cinema coma ferramenta educativa...

Sindy Takanashi e Diana López conversarán en Marín sobre ciberacoso, violencia sexual e machismo...

0
O coloquio feminista entre a creadora de contidos e a xornalista será o 21 de novembro ás 19.30 horas no Museo Torres e forma...

Publicacións Relacionadas