Home Xunta de Galicia A Xunta destina preto dun millón de euros a impulsar actividades de...

A Xunta destina preto dun millón de euros a impulsar actividades de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero en 185 ANPAS galegas

- Anuncio -

A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, participou nas primeiras xornadas de igualdade organizadas pola ANPA do Colexio Virxe Milagrosa

A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, participou esta tarde nas I Xornadas de Igualdade organizadas pola asociación de nais e pais de alumnos (ANPA) Alborada do Colexio Virxe Milagrosa. Esta actividade, que leva por título ‘Da utopía ao feito’ e que se estenderá ata o 22 de novembro, ten como obxectivo achegar ao público en xeral formación e experiencias sobre a igualdade e a conciliación.

A Xunta conta con dúas liñas de apoio ás ANPAS dos centros educativos galegos que suman un investimento de preto dun millón de euros. Estas medidas do Goberno galego permitiron financiar neste ano actividades en 185 asociacións de nais e pais.

De feito, as actividades que se realizan neste centro educativo de Bueu están financiadas con cargo á primeira destas liñas de axuda, que está dotada con 400.000 euros dos fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, e que busca impulsar a realización de actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero.

A segunda das liñas de axuda, que conta cun orzamento de 550.000 euros do Plan Corresponsables, está destinada a bolsas de coidados e accións de formación que teñan como obxectivo fomentar a conciliación e a corresponsabilidade.

A charla inaugural das xornadas ‘Da utopía ao feito’ correu a cargo de Diana Rodríguez, representante da ‘Asociación por la Conciliación Yo No Renuncio’, quen tratou a necesaria relación entre corresponsabilidade e educación e puxo sobre a mesa a importancia da conciliación.

Relacionadas

A Xunta recibe o premio ‘Personaje del Año’ polo seu labor de apoio á...

0
― O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, recolleu esta tarde en Madrid o galardón na categoría “Artesanía” outorgado polo semanario Fuera...

A Xunta impulsa a comercialización do sector artesanal galego favorecendo a súa presenza en...

0
— O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración cos beneficiarios da orde de comercialización...

A Xunta pon en marcha o novo polo de Vilanova de Arousa, consolidando con...

0
― José González puxo en valor a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego que prestou axuda a máis de 2.800 proxectos...

López Campos salienta a importance  participación de Galicia en rutas culturais europeas que “Testemuña...

0
— O titular de Cultura da Xunta pon en valor os itinerarios galegos recoñecidos polo Consello de Europa, como o do Camiño de Santiago...

A Xunta avanza na consolidación dunha Rede Galicia de ‘Mercados Excelentes’ co apoio a...

0
— O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a resolución da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración cos beneficiarios da orde para fomentar este...

A Xunta avanza no recoñecemento das empresas que destacan na aplicación das POLÍTICAS de...

0
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, acompañado polo secretario xeral técnico da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Joaquín Macho,...

Publicacións Relacionadas