Free Porn
xbporn
Home Sin categoría A Aula da Natureza de Cabo Udra acolle este outubro novas actividades...

A Aula da Natureza de Cabo Udra acolle este outubro novas actividades medioambientais

- Anuncio -

• Os eventos desenvolveranse na propia Aula e na súa contorna e haberá propostas para todos os públicos


• As persoas que desexen participar deberán apuntarse previamente de balde nos formularios habilitados na web de Alados

O Concello de Bueu continúa este mes de outubro con novas propostas de actividades medioambientais para todas as idades e que se organizarán na Aula da Natureza de Cabo Udra e na súa contorna. O programa conta co financiamento do GALP Ría de Pontevedra e lévase a cabo, ao igual ca en todo o verán, pola Asociación Alados, especializada no coidado da natureza, con obradoiros, rutas, charlas e xornadas didácticas.
Silvia Carballo, concelleira de promoción económica e turismo, salienta que “nestes meses estamos descubrindo o gran interese da cidadanía para o coñecemento sobre a nosa contorna, cun especial fincapé na parte medioambiental, de aí que continuemos a achegala a todo tipo de públicos, especialmente aos máis cativos”.
As actividades arrancarán este sábado, 5 de outubro, cando se celebrará o Día Mundial das Aves. O día comezará ás 10.30 horas cun taller de iniciación á pintura de natureza con José Arcas, biólogo e artista de natureza fundador de “El local: Arte y Naturaleza” de Vigo. As persoas que se animen a participar deberán ser maiores de 15 anos, e levar lapis duro 2H e goma de borrar, papel acuarela de 300 grs e algúns folios, dous pinceis número 4 e 10 e acuarelas non escolares.
Ás 11 horas arrancará o paseo familiar “As Aves” no que se ensinará o fascinante mundo das aves e das súas familias. E tamén ese día ás 17 horas desenvolverase o obradoiro infantil sobre comedeiros para aves, no que se elaborará un destes recipientes con material natural e se aprenderá a “cociñar” unha receita coa cal axudar a sobrevivir ás aves paseriformes no duro inverno.
Xa ao día seguinte, 6 de outubro, terá lugar ás 10.30 horas unha xornada didáctica teórica e práctica de iniciación ás aves para persoas de 15 anos en diante, na que se fará unha introdución á ornitoloxía e na que se darán a coñecer diferentes especies de Paseriformes e Costeiras máis habituais tanto en Cabo Udra como en zonas litorais próximas. E ás 12 horas, os máis pequenos e pequenas poderán gozar dun obradoiro de realización dun móbil colgante dun mascato.
As actividades continuarán o 20 de outubro co roteiro “Animais e rastros”, que terá lugar ás 11.30 horas e no cal se fará unha exploración da contorna no que se realizará unha achega e introdución ás especies de fauna terrestre máis emblemáticas e características dos nosos montes, ademais de introducir á técnica de seguimento e sinais de animais.
O 26 de outubro, ás 11 horas, repetirase o roteiro ambiental sobre as aves, no que se observarán as aves típicas deste espazo natural costeiro protexido declarado como ZEC-Cabo Udra, Rede Natura 2000 e LIC. Ese mesmo día, ás 17 horas, desenvolverase o obradoiro infantil “Biodiversidade de Udra”, que consiste nunha charla didáctica sobre os diferentes ecosistemas que conforman o ZEC- Cabo Udra e a importante fauna e flora neste. Ademais, tamén se elaborará un cadro colgable decorado con diferentes seres vivos que conforman a biodiversidade deste espazo.
O mes rematará o 27 co roteiro “Flora invasora” e a xornada de voluntariado para eliminación de invasoras. A actividade terá lugar a partir das 10.30 horas e nela realizarase un roteiro ambiental de aprendizaxe sobre a flora invasora presente en Cabo Udra e da súa problemática. Despois farase un voluntariado ambiental na contorna para eliminar as especies de flora invasora presentes.
Para todas as actividades requírese inscrición previa de balde na páxina web de Alados.

Relacionadas

Rueda destaca o gran futuro do Camiño Portugués que xa é a Ruta Xacobea...

0
 Asegura que hai marxe a seguir medrando sen perder a esencia e aposta por promover a desestacionalización  O Camiño Portugués e a súa...

Discamino súmase á edición máis inclusiva da carreira de empresas de Galicia-Interrruning

0
● O evento deportivo organizado por Interrunning Club en colaboración co Concello do Porriño apoiará Bicos de Papel, a AECC e o programa municipal...

Dez servizos turísticos do destino SICTED “Trevinca-Valdeorras” reciben o distintivo de “Compromiso de Calidade...

0
O presidente da Deputación, Luis Menor, participou esta tarde no Castelo de O Bolo, xunto ao alcalde do municipio, Alberto Vázquez; e ao director...

Romaría de San Cosme e San Damián 2024

0
CON MOTIVO DAS INCLEMENCIAS METEOROLÓXICAS PREVISTAS PARA MAÑÁ 25 DE SETEMBRO TODOS Os ACTOS PROGRAMADOS PARA ESE DÍA, TRASLÁDANSE PARA O VENRES 27 DE...

Recepción a Nicolás Míguez, Campión de España de Birlos

0
O Concello de Baiona comprácese en anunciar a recepción a Nicolás Míguez, quen recentemente se proclamou campión de España na categoría xuvenil, tanto na...

O vindeiro luns abre o prazo para apuntarse á Andaina por Fene que terá...

0
O roteiro, de aproximadamente 6,5 kilómetros de lonxitude e hora e media de duración, comezará no CMI Unidade de Fene e terá como principais...

Publicacións Relacionadas