Home Pontevedra O PP reafirma o seu apoio aos feirantes na súa loita por...

O PP reafirma o seu apoio aos feirantes na súa loita por volver á Alameda

- Anuncio -

• O PP traslada o seu pesar aos ambulantes, prexudicados polas decisións “unilaterais” do alcalde e polo “engano” do PSOE que, lonxe de conseguir o ansiado retorno da feira ao centro, deu carta branca ao BNG para gobernar

• Domínguez e Pardo: “Somos conscientes do prexuízo económico que lles están causando e de que, desde o Goberno municipal, buscarán todas as fórmulas posibles para negarlles o traslado”

O portavoz municipal do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, e a concelleira Pepa Pardo reafirman o seu apoio aos vendedores ambulantes da feira, na súa loita por abandonar Rafael Areses e volver instalar os seus postos de venda na Alameda.

O PP preguntou durante o mandato actual, en varias comisións de Réxime Interior e na quenda de rogos e preguntas do pleno municipal, pola modificación da Ordenanza Reguladora da Venda Ambulante que permita o seu traslado real ao centro urbano pero “o goberno de Lores está a bloquear o expediente porque non quere aos feirantes en Pontevedra”, apuntou Pardo.

A edil afeou que o alcalde, despois de 25 anos co bastón de mando, “non escoite aos seus cidadáns, entre eles, as persoas que loitan por traballar e dinamizar unha cidade que se beneficiaría, cada sábado, do impacto da feira na Alameda”.

O partido máis votado da oposición trasladou a súa pesar aos representantes dos feirantes, prexudicados polas decisións “unilaterais” do alcalde e polo “engano” do Partido Socialista de Pontevedra que, lonxe de conseguir o ansiado retorno da feira á Alameda, deu carta branca ao BNG para gobernar á súa maneira.

Domínguez e Pardo continuarán á beira do colectivo porque “somos conscientes do prexuízo económico que lles están causando e de que, desde o Goberno local, buscarán todas as fórmulas posibles para negarlles o traslado”.

A reunión, na sede local da formación, finalizou cunha mensaxe de optimismo cara aos ambulantes para que sigan traballando con ilusión e esperanza porque, tarde ou cedo, volverán ao centro urbano da capital da provincia.

Relacionadas

Luis López asiste á presentación oficial do percorrido de La Vuelta para o ano...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, participou este xoves no acto de presentación oficial do percorrido de La Vuelta 2025 celebrado no...

Mos volta ser protagonista de La Vuelta na súa 80ª edición e cando cumpre...

0
Tras as etapas Mos-Sanabria de 2020 e Sanxenxo-Mos de 2021, o vindeiro ano 2025 a localidade mosense será meta da etapa 16, Poio-Mos, que...

Novo trazado proxecto no túnel Autovía Vigo-Porriño

0
-         Nidia Arévalo esixe de novo a gratuidade da AP-9 e que se recupere o trazado do proxecto en túnel que figura no PXOM mosense -         A...

A Deputación e o Clúster de Turismo fomentan entre os axentes turísticos o coñecemento...

0
“Cremos que é fundamental establecer estruturas de traballo que permitan que toda a cadea de valor do turismo en Galicia configure unha rede de...

O Concello de Portas métese de cheo no Nadal coa entrega de premios do...

0
O alcalde Ricardo Martínez aproveitará estes actos da fin de semana para felicitarlle as festas á veciñanza O concello de Portas vivirá unha fin de...

A Deputación visita en Poio a estrada provincial EP-0601 Portosanto-Campelo-PO-308 na que se investirán...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, e o alcalde de Poio, Ángel Moldes, visitaron a zona na que, entre outras actuacións, se executará...

Publicacións Relacionadas