Home Deputacións Deputación Ourense Deputación e Xunta promoven a formación e práctica deportiva coa primeira edición...

Deputación e Xunta promoven a formación e práctica deportiva coa primeira edición de Funtastik

- Anuncio -

O vicepresidente segundo do goberno provincial e deputado de Deportes, César Fernández, participou hoxe en Expourense na presentación desta iniciativa que terá lugar do 4 ao 13 de outubro neste recinto feiral

A Deputación de Ourense e a Consellería de Educación da Xunta de Galicia presentan a primeira edición de “Funtastik. No limits”, un evento que aglutina formación e diversión a través dun espazo de multiexperiencias para todas as idades.
O vicepresidente segundo da Deputación e deputado de Deportes, César Fernández, presentou hoxe en Expourense, xunto ao delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo; ao director xerente de Expourense, Rogelio Martínez; ao xerente de Mantesil, Berto Fernándz; e ao director territorial en Ourense da Consellería de Educación, Jorge Rubén Sampedro, os detalles desta iniciativa de formación e práctica deportiva, que se enmarca dentro do compromiso das institucións cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
César Fernández dixo que as institucións deben “potenciar espazos de lecer e educativos para o desfrute de todas as familias” como esta iniciativa, na que xa están inscritos máis de 20 colexios, que será “un éxito e consolidarase no calendario provincial”.
Funtastik celebrarase no recinto feiral de Expourense, do 4 ao 13 de outubro, ofrecendo espazos e experiencias diferenciadas adaptadas a todos os públicos, en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas. As entradas poden adquirirse por un prezo de 9 euros a través de ataquilla.com ou fisicamente en Expourense pola semana.
Precisamente, Funtastik contará cun espazo temático dos “Pitufos” para educar nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible mentes desfrutan con xogos interactivos, un espazo de “Lego” onde os rapaces e rapazas poderán desenrolar a súa creatividade, así como múltiples experiencias como un circuíto de inchables xigantes, pistas de xeo ecolóxico, circuítos de obstáculos, entre outras actividades que estarán supervisadas por monitores.

Relacionadas

A Deputación felicita o Nadal a través da Real Banda de Gaitas, que recupera...

0
Titulado “Ourense, tempo de soños”, este traballo audiovisual está protagonizado por Daniela, que ademais de cumprir o seu soño, revive cos acordes desta peza...

Pazolandia abrirá as súas portas o 26 de decembro con importantes novidades como pista...

0
O parque de atraccións máis importante de Galicia, con máis de 8.000 metros cadrados de actividades, estará aberto ata o 4 de xaneiro, en...

As dependencias administrativas do Concello estarán pechadas os días 24 e 31 e o...

0
As dependencias administrativas do Concello de Ourense estarán pechadas o martes, 24, e o martes, 31 de decembro, en virtude do disposto no acordo...

Luis Menor destaca a Pilar Cernuda, Premio Carlos Casares de Xornalismo 2024, como “parte...

0
O presidente provincial enxalzou no Casino Antelano á gañadora deste galardón como unha das xornalistas pioneiras da democracia, vivindo en primeira persoa os feitos...

A Deputación axudará aos concellos na elaboración dun censo de instalacións con amianto e...

0
A institución provincial asumirá ao 100% o custe das actuacións, que inclúen, ademais do citado censo, unha proposta de calendario e planificación para a...

O Concello de Ourense presenta o conxunto de actuacións executadas para a mellora da...

0
A presentación terá lugar esta tarde, ás 18.00 h, na Avda. Otero Pedrayo Esta tarde, ás 18.00 h, na Avda. Otero Pedrayo, terá lugar a...

Publicacións Relacionadas