Home A Coruña O Concello de Brión pon en valor o seu patrimonio etnográfico coa...

O Concello de Brión pon en valor o seu patrimonio etnográfico coa recuperación das fontes e lavadoiros de Boaventura e Alqueidón

- Anuncio -

O proxecto supuxo un investimento de case 25.000 euros

O Concello de Brión vén de recuperar e acondicionar dous importantes elementos do patrimonio histórico e etnográfico do municipio, como son os conxuntos de fonte-lavadoiro de Boaventura e do Alqueidón. Estas actuacións supuxeron un investimento de case 25.000 euros, acometidos polo Concello de Brión a través dunha subvención outorgada polo Instituto Galego de Estudos do Territorio, da Xunta de Galicia.

“Trátase dunha aposta por recuperar o noso patrimonio municipal e corrixir impactos paisaxísticos froito da realización de obras inadecuadas, ben por unha incorrecta execución ou polo emprego de materiais non axeitados, como nos casos de Boaventura e do Alqueidón”, explica Pablo Lago, alcalde de Brión.

Actuacións

No caso do conxunto fonte-lavadoiro de Boaventura, as obras consistiron en eliminar a gran cantidade de formigón que presentaba e que foi substituído por outros materiais máis acordes e harmoniosos como a pedra. Así, o corpo do lavadoiro foi enfoscado e posteriormente chapeado con placas de granito. A maiores, melloráronse os accesos a este conxunto etnográfico, xa que era moi complicado acceder a el. Por iso, o Concello de Brión acondicionou uns novos accesos en zahorra, cunha escaleira de acceso en pedra e lousas no chan da contorna da fonte e do lavadoiro.

No caso do Alqueidón, o Concello procedeu tamén a eliminar pouco acordes co conxunto fonte-lavadoiro como o feito de que os muros de pedra estiveran rexuntados con morteiro de cemento, algo que se mellorou empregando un material coloreado con pigmentos naturais máis acorde. No caso da cuberta, aínda que a solución máis sinxela sería demoler a cuberta para substituíla por outra nova, isto non foi posible debido á existencia dunha cruz de pedra emprazada sobre a cuberta e que ten un gran valor histórico e artístico. No seu lugar, procedeuse a limpar e pintar as vigas e teito do lavadoiro.

Os traballos remataron cunha limpeza profunda de toda a contorna e a eliminación dunha parte asfaltada, que foi substituída por pavimento de lousas de pedra, un material máis acorde tanto con este elemento etnográfico como coa paisaxe onde se sitúa este conxunto.

Relacionadas

Así de espectacular será este ano o Nadal en Carballo!

0
A carpa da Praza do Concello será “o centro neurálxico” do programa, que tamén encherá de actividade o Pazo da Cultura, o Fórum, as...

Inés Rey reclama un maior recoñecemento ás mulleres no eido gastronómico na presentación de...

0
A alcaldesa participou no acto de presentación do libro de Xavier Castro A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde o acto de presentación do libro...

Oito locais de hostalaría da Coruña optan á mellor tapa da cidade a través...

0
O xurado profesional seleccionou as creacións de oito locais, dun total de 44 participantes, con dez tapas elixidas para ser finalistas: cinco na modalidade...

O concello dá a benvida ao Nadal este xovés ás 18:30 horas co acendido...

0
Tamén se presenta a programación cultural municipal para as festas, que contará con moitas iniciativas para o público infantil e familiar. O Nadal chegará este...

Cinco Équidos habitarán o Castro de Montes Claros para realizar o control ecolóxico e...

0
A iniciativa é impulsada polo Concello coa colaboración da Asociación Pura Raza Cabalo Galego e Poni Club Galicia. Desde este mediodía o recinto do Castro...

Neda recibe este mércores a visita dun dos ‘foodtruck’ da campaña GALICIA SABE AMAR

0
Neda recibirá este mércores a visita dun dos foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR, destinada a promocionar os produtos do mar de Galicia, e...

Publicacións Relacionadas