A concellería de Cultura do Concello de Baiona organizou para este venres 4 de outubro ás 20:00H, no auditorio da Casa da Navegación de Baiona, a presentación da última novela do escritor José Barral Sánchez “BLUES DÁ FLORIDA”. Unha obra ambientada no Vigo do ’68 e no desmantelamento dos tranvías. Intriga e Historia entrelázanse e mergullarán a todas aquelas persoas que se acheguen a coñecer de primeira man esta nova magnífica obra.
Barral nacido en Vigo no 1959, actualmente fincado en Baiona, é Profesor de Filosofía e Ciencias da Educación. Autor de artigos e estudos relacionados que o ensino. En 2021 a súa novela “Cruzados polo camiño”, recibiu o Premio de Novela Camiño de Santiago.