Home Xunta de Galicia Xosé Merelles destaca a oportunidade de Galicia no astroturismo, que se está...

Xosé Merelles destaca a oportunidade de Galicia no astroturismo, que se está a converter en tendencia mundial

- Anuncio -

O director de Turismo de Galicia participou na inauguración da II Conferencia Internacional Starlight que reúne a responsables dos destinos nacionais e internacionais

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou esta mañá na inauguración da II Conferencia Internacional Starlight de Astroturismo e VI Encontro Starlight que estes días se está a celebrar en Cee onde puxo en valor “as condición máis que óptimas” que reúne Galicia para o astroturismo, un produto turístico “tendencia mundial” que se entronca cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e cos valores da marca Galicia.

Durante a súa intervención, Xosé Merelles felicitou á organización por elixir a Comunidade galega como sede desta II Conferencia que non só coincide cos eixos da Xunta de Galicia en materia turística, ao ratificar e comprometerse coa “promoción de Galicia como sede de eventos de transcendencia e alcance internacional”, senón que tamén ten a súa transcendencia na medida en que divulga e proxecta a comunidade galega como destino Starlight.

Ademais, lembrou que desde Turismo de Galicia se traballa na creación e consolidación de diferentes produtos turísticos cabeceira de marca, como poden ser faros, praias salvaxes, patrimonio oculto, santuarios máxicos, bosques de Galicia e “outras rutas, itinerarios, xornadas e actividades que divulgan os valores máis competitivos e diferenciadores desta terra”.

Recordou tamén que se enmarca na nova Estratexia de Turismo de Galicia 2030 no eido das actividades sostibles e da concienciación ambiental. Xosé Merelles agradeceu tamén a implicación e o soporte que proporciona a Fundación Starlight a nivel nacional e internacional.

Destinos galegos Starlight
“Galicia foi quen de escoitar todo isto”, afirmou referíndose ao traballo desenvolvido por entidades coma a Fundación Starlight e tamén ao interese suscitado polo público e visitantes ao redor deste atractivo. Así, salientou que “contamos con sete Destinos Turísticos Starlight: Trevinca, o Parque Nacional das Illas Atlánticas, a Costa da Morte, Lalín, Muras, a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo e os Ancares”. A isto hai que engadir tamén a certificación de aloxamentos, empresas, campamentos Starlight, “o que debuxa todo un mapa Starlight galego”, subliñou.

Este atractivos, servizos e oportunidades fan que Galicia conte con máis do 17% dos destinos Starlight en todo o territorio nacional e con máis do 18% dos municipios Starlight certificados en España. “Somos a terceira Comunidade Autónoma co maior número de destinos e municipios Starlight certificados por detrás de Castela A Mancha e Illas Canarias”, afirmou.

Relacionadas

A Xunta nomea os membros do Comité Galego de Xustiza Deportiva co inicio do...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes asistiu ao acto de renovación deste organismo enmarcado na Lei do Deporte de Galicia O conselleiro de Presidencia,...

Galicia solicita no Senado a revisión do nivel de protección do lobo e que...

0
Ángeles Vázquez insiste na necesidade de adoptar medidas ante a situación insostible que está a soportar o sector gandeiro polo elevado número de ataques...

A Xunta pon en marcha a sexta edición da campaña escolar Pilabot para concienciar...

0
— Os 150 colexios de Primaria e Secundaria participantes terán seis semanas lectivas para xuntar este tipo de residuos, con prazo límite ata o...

A Xunta avanza da man de patronal e sindicatos no marco do diálogo social...

0
― José González salienta a importancia do Diálogo Social e de reforzar a súa transversalidade co gallo dunha xuntanza para avaliar os orzamentos e...

A Xunta amplía en case un 70% o orzamento das axudas extraordinarias ao retorno

0
— O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde que recolle este incremento que permitirá atender a alta demanda do programa e beneficiar...

Rueda pon en valor a contribución da Xunta na posta en marcha da residencia...

0
Aos preto de 340.000 euros destinados á construción e equipamento, súmanse os 750.000 euros anuais que achegará o Goberno galego para o mantemento de...

Publicacións Relacionadas