Home Xunta de Galicia A Xunta mellora a seguridade e accesibilidade de máis dun milleiro de...

A Xunta mellora a seguridade e accesibilidade de máis dun milleiro de paradas de autobús cun investimento de 35,5M€

- Anuncio -

— O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou un destes puntos no concello de Arteixo


— Preto de 300 están en execución ou rematadas e máis de 700, en tramitación ou proxecto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, xunto co director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, e a directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, visitou hoxe en Arteixo as paradas de autobús de Lañas, onde fixo balance do Plan de mellora da seguridade accesibilidade de paradas de autobús. A través desta iniciativa, dotada con 35,5 millóns de euros, vaise actuar máis dun milleiro de puntos de espera en toda Galicia. Deste total, preto de 300 están en execución ou rematadas e máis de 700 en tramitación ou proxecto.

Concretamente nos concellos das rutas de acceso polo oeste á cidade da Coruña, na que se integra Arteixo xunto coa Coruña, Carballo, Cerceda, Culleredo, Malpica e Ponteceso, o programa de melloras inclúe preto de 60 paradas que supoñen un investimento de 1,4 millóns de euros. Segundo explicou o conselleiro, as actuacións en cada unha delas permiten mellorar a accesibilidade e a conectividade.

Para conseguilo, acondiciónase o itinerario peonil, dótase dunha zona de parada adecuada ao autobús e adaptada ás normativas de accesibilidade ao transporte público, e colócanse marcas viarias. A maiores, instálase unha marquesiña accesible para o resgardo dos peóns durante a espera.

Diego Calvo enmarcou a iniciativa na aposta da Xunta por fomentar entre a poboación galega o uso do transporte público, ao que se destinan cada ano 140 millóns de euros. Este esforzo orzamentario permite ofrecerlles ás persoas usuarias diferentes vantaxes, como o sistema tarifario único e bonificado ou as tarxetas Xente Nova e +65, con ata 60 viaxes de balde ao mes para menores de 21 anos e maiores de 65.

“Trátase así de reducir o uso do vehículo privado e fomentar unha mobilidade máis sostible e menos contaminante”, apuntou. Nesta liña, referiuse a outras das accións impulsadas pola Xunta, como son a intermodalidade e os aparcadoiros disuasorios que se están a habilitar na contorna de grandes cidades e de vías de alta capacidade.

Relacionadas

A Xunta licita por 910.000€ a segunda fase da rehabilitación integral do Colexio CEIP Francisco...

0
— A obra inclúe o cambio de fiestras, o illamento térmico da fachada e obras de reorganización do centro, entre outras melloras — Enmárcase na...

A Xunta licita por máis de 1,6M€ a rehabilitación integral do ColexioPedro Barrié de la...

0
— A obra inclúe o cambio de cuberta e o illamento térmico da fachada, entre outras actuacións para mellorar a eficiencia enerxética do centro —...

A Xunt destaca en IYImeeting 2024 o seu compromiso coa atracción e retención de talento investigador

0
— A directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, participa na inauguración da XV Edición da Reunión de Mozos Investigador@s no Estranxeiro — Subliña...

A Xunta destinará 11,7 m€ a axudar ás entidades locais a optimizar a xestión...

0
Ángeles Vázquez explica que 9,2 M€ financiarán iniciativas municipais relacionadas coa recollida separada de biorresiduos e residuos especiais como aceites ou téxtilesAo abeiro desta...

Rueda destaca o éxito do programa Xuntos polo Nadal que este ano permite que...

0
 A través de estadías 100% gratuítas, os participantes pasan desde Noiteboa ata Reis nas residencias do Carballiño e Panxón  Asegura que é unha...

A Xunta fomenta o consumo responsable entre a rapazada de Beade co gallo do...

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou hoxe na localidade ourensá de Beade unha das accións da Escola Galega de Consumo...

Publicacións Relacionadas