Home Vigo O Porriño En marcha os traballos de construcción dun novo parque infantil na Vaquería

En marcha os traballos de construcción dun novo parque infantil na Vaquería

- Anuncio -

• A nova área de xogo contará cunha variedade de elementos deseñados para fomentar a diversión e a seguridade dos nenos, incluindo dous balancíns individuais, un multixogo e un bambán

O Concello de Porriño iniciou xa os traballos de construción dun novo parque infantil na parroquia de Budiño, un proxecto que forma parte dunha serie de iniciativas destinadas a crear e mellorar zonas públicas de xogo para a cativada en todo o municipio. Este novo espazo, que responde á necesidade de áreas infantís na zona, situarase nunha parcela próxima ao polígono industrial no barrio Vaquería, onde actualmente non hai parques próximos para os máis pequenos.
O concelleiro de Parques Infantís, Marcos Martínez, explicou que o novo parque “ten unha superficie de máis de 150 m² e contará cunha variedade de elementos de xogo deseñados para fomentar a diversión e a seguridade dos nenos. Entre as instalacións incluiranse dous balancíns individuais, un multixogo e un bambán.” Para garantir a seguridade dos usuarios, as obras comezaron co movemento de terras necesario para a instalación dunha malla geotextil perimetrada en formigón, sobre a cal se estenderá unha grosa capa de area.
Este proxecto representa un investimento de 15.000 euros, dos cales o 70% está financiado grazas a unha subvención autonómica destinada á creación e mellora de infraestruturas e equipamentos. “Seguimos comprometidos co benestar dos máis pequenos e a creación de espazos de calidade onde poidan socializar e xogar”, concluíu o alcalde, Alejandro Lorenzo “Queremos que O Porriño sexa un lugar onde todos os nenos poidan crecer felices e activos”.

Relacionadas

A Xunta mellora o Centro Ocupacional e de día do concello de Valga cun...

0
As actuacións son o resultado dos convenios de colaboración asinados entra ambas administracións no 2024Ademais das obras realizadas, concedeuse unha achega para a compra...

BNG exixe explicacións a Transportes ante as incidencias ferroviarias de inicio de ano

0
Néstor Rego avanza o rexistro de iniciativas para coñecer a que se deberon as incidencias en época de alta mobilidade e que aconteceu cos...

O BNG de Vigo urxe a Caballero a executar as medidas aprobadas polo Pleno...

0
Dous anos despois de aprobada a moción do Bloque na que se declarou formalmente Vigo como “cidade contraria a todas as formas de maltrato...

O CEIP Plurilingüe de Leirado en Salvaterra de Miño vén de ser galardoado no...

0
O CEIP Plurilingüe de Leirado en Salvaterra de Miño vén de ser galardoado no X Concurso de Traballos por Proxectos que foi convocado pola...

A Deputación organiza este sábado na Lama e Oia dous novos concertos do ciclo...

0
Dania Diva (na Lama) e o dúo formado por Emilio Rúa e Xosé Carlos Caneiro (en Oia) ofrecerán dúas actuacións como parte do programa...

Domínguez garante aos veciños de Bora a súa “colaboración total para saldar a débeda...

0
• O presidente do PP de Pontevedra mantén un encontro con máis de 40 asistentes a unha reunión centrada na falta de saneamento, a...

Publicacións Relacionadas