Home Deputacións Deputación Ourense Máis de 230 alumnos matriculados no novo curso da Escola de Artes...

Máis de 230 alumnos matriculados no novo curso da Escola de Artes e Oficios da Deputación

- Anuncio -

A Escola de Artes e Oficios da Deputación abriu esta tarde o curso académico 2024-2025 nas súas instalacións da rúa da Canle, onde se impartirán as disciplinas de debuxo e pintura, modelado en barro, talla de madeira e oleiria.
O director da Área de Cultura da Deputación, Marcos Vázquez, asistiu, xunto ao director da Escola, Francisco González, no acto de apertura deste novo curso no que están matriculados máis de 230 alumnos e alumnas. Por disciplinas, a de debuxo e pintura é a máis numerosa, con 93 inscritos. Oleiría ten 67 matriculados e tanto talla de madeira como modelado en barro teñen 36 alumnos en cada modalidade.
Como novidade este ano, a Escola ofrece unha ampliación do horario lectivo duplicando as horas de formación ao longo de todo o curso. Esta ampliación xa se implantara no pasado mes de xaneiro, pero non afectara ao curso completo. O horario será de 16.00 a 21.00 horas, cando previamente era de 19.00 a 21.00 horas.
Francisco González salientou que “a escola está a vivir posiblemente os seus mellores momentos dos últimos anos, cun cadro de profesores tremendamente comprometidos coa escola e cun alumnado que responde coa súa implicación, participando en exposicións e en diferentes iniciativas complementarias”.
Pola súa parte, o director da Área de Cultura da Deputación puxo en valor a aposta da institución provincial por este proxecto educativo que mestura a formación artística con elementos de acción social e de ocio, fomentando o desenvolvemento cultural.
A docencia é gratuíta para parados, persoas con Síndrome de Down e persoas cunha discapacidade igual ou superior ao 33%.

Relacionadas

A Deputación leva esta semana ao Museo espectáculos de teatro e monicreques con ‘Molto...

0
O xoves 2 de xaneiro a compañía Píscore ofrecerá a súa comedia musical para toda a familia, e o día seguinte Tarabelos presentará a...

A Deputación presenta a edición número 38 do Anuario da Gaita, “referente internacional” na...

0
O volume publícase sempre nos últimos meses de ano, ininterrompidamente dende 1986 coincidindo coa posta en marcha da Escola Provincial de Gaitas e recompila...

Luis Menor destaca o “elevado nivel de satisfacción das familias” respecto á presente edición...

0
O presidente provincial visitou hoxe este espazo de lecer, o maior referente destas características durante o Nadal galego, e avanzou que desde a Deputación...

A Deputación aproba preto de 309.000 euros en axudas para a cooperación con concellos...

0
En cooperación cos concellos aprobáronse cinco achegas por un importe de 241.060 euros para melloras en redes de abastecemento, vivendas sociais, rehabilitación de inmobles,...

A Xunta fomenta o consumo responsable entre o público infantil de Cenlle coa iniciativa...

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou hoxe na localidade ourensá de Cenlle unha das accións da Escola Galega de Consumo...

Un treito da rúa do Progreso pecharase ao tráfico mañá pola tarde e pola...

0
A actuación da orquestra París de Noia, na Festa de Fin de Ano e Aninovo organizada polo Concello, ocasionará o corte de tráfico dun...

Publicacións Relacionadas