O presidente provincial pon en valor a cooperación forxada entre a Deputación e Mediaset, manifestando a súa confianza en que con este novo recoñecemento a Telecinco Cinema a colaboración continúe na mesma liña en favor do territorio e proxección provincial
O Teatro Principal albergou esta tarde a entrega do Premio OUFF Televisión a Telecinco Cinema de mans do presidente provincial, Luis Menor, quen fixo entrega deste recoñecemento a Ghislain Barrois e Álvaro Augustin, conselleiro delegado e director xeral de Telecinco Cinema, respectivamente.
Ademáis de poñer en valor a importancia que cobra esta semana do OUFF para o sector audiovisual, Luis Menor enxalza a importancia de apoiar iniciativas audiovisuais que proxectan a imaxe do territorio, “contribuindo así a reforzar a nosa marca provincial”, enmarcando neste eido a importancia do Ourense Film Festival.
Tamén incide Menor no orgullo que supón para a Deputación que este importante galardón recaia nun dos principais motores da industria cinematográfica e audiovisual de España, argumentando que nos últimos anos, Telecinco Cinema ocupou as 3 primeiras posicións da clasificación de películas con maior recadación do cinema español. Tamén cultivou máis de 300 galardóns, incluíndo 3 Oscars, 80 Goyas, 3 BAFTA, 22 Biznagas do Festival de Málaga e 4 Premios Ondas. A este impresionante palmarés únese hoxe o Premio OUFF Televisión 2024, salienta Luis Menor, un dos galardóns máis arraigados do Festival de Cinema de Ourense.