Home Vigo Mos Mos vólcase co comercio local e suma a nova Mesa Local do...

Mos vólcase co comercio local e suma a nova Mesa Local do Comercio a iniciativas como o Queda en Mos

- Anuncio -

O Concello constitúe este órgano colexiado co que só contan 168 dos 315 municipios galegos

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira mosense de Emprego e Participación Cidadá, Julia Loureiro, informaron da creación da Mesa Local do Comercio que celebrará a súa sesión constitutiva o vindeiro 10 de outubro. As representantes municipais, Arévalo e Loureiro, destacaron a creación deste órgano colexiado, que “permitirá poñer en común as necesidades do comercio local, e expor iniciativas que permitan visibilizar o comercio local do municipio”.

Trátase dun órgano colexiado de participación, coordinación, cooperación e colaboración entre o a Administración local-Concello de Mos e os representantes do sector comercial. Regulado polo Decreto 183/2011 de 15 setembro, da Consellería de Economía e Industria.

Segundo explicaron a rexedora local mosense e a edil Julia Loureiro “os obxectivos son lograr unha maior visibilización e dinamismo do comercio local, erixirse en foro de debate plural e eficaz e en espazo consultivo e de coordinación local, co obxectivo de consensuar as políticas municipais para a promoción da actividade comercial de Mos”.

Esta Mesa Local do Comercio súmase e compleméntase coa campaña xa en marcha baixo o título de Queda en Mos, de apoio e fomento do consumo no comercio local, e ten como funcións: Realizar campañas de promoción, estudos sobre a situación do comercio, plans de dinamización. Formación de empresarias e empresarios e persoal traballador. Programas relacionados con novas tecnoloxías e I+D+i. Elaborar informes para a realización de feiras de oportunidades organizadas polas persoas comerciantes. Actuar como órgano consultivo do concello en todas as cuestións que afecten ao comercio do municipio. Propoñer ao concello cantas medidas, iniciativas e propostas considere conveniente para o desenvolvemento e mellora do sector. Ser oída na elaboración de plans de tráfico e de ordenación urbana. E informar en todos aqueles asuntos que, pola súa relevancia para o comercio, lle sexa solicitado pola consellería competente na materia.

Dos 315 concellos de Galicia, só 168 teñen constituída Mesa Local do Comercio, e na provincia de Pontevedra tan só 55.

Na Mesa constitutiva do vindeiro 10 de outubro comparecerán a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o Director Xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén Castro, a Asociación de Hostalería e Turismo de Mos “BARES-MOS”, a Asociación de empresarios do municipio AEMOS e representantes do comercio mosense entre os que se atoparán MUEBLES SOLIÑO, TORGALI, E.S.P.J., PAIS AUTOMOCIÓN e EDITORIAL EDIMAES en representación de máis de 40 comercios locais de Mos; Tamén representantes da asociación local/provincial de persoas consumidoras e a Asociación de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios “RIAS BAIXAS”.

A Mesa convocarase en sesión ordinaria unha vez ao ano e as sesións extraordinarias necesarias notificadas cunha antelación mínima de 48 horas. As actas das sesións deberán ser remitidas en copia dixital á Dirección xeral competente en materia de comercio no prazo 1 mes dende a celebración da sesión.

Relacionadas

Luis López asiste á presentación oficial do percorrido de La Vuelta para o ano...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, participou este xoves no acto de presentación oficial do percorrido de La Vuelta 2025 celebrado no...

Mos volta ser protagonista de La Vuelta na súa 80ª edición e cando cumpre...

0
Tras as etapas Mos-Sanabria de 2020 e Sanxenxo-Mos de 2021, o vindeiro ano 2025 a localidade mosense será meta da etapa 16, Poio-Mos, que...

Novo trazado proxecto no túnel Autovía Vigo-Porriño

0
-         Nidia Arévalo esixe de novo a gratuidade da AP-9 e que se recupere o trazado do proxecto en túnel que figura no PXOM mosense -         A...

A Deputación e o Clúster de Turismo fomentan entre os axentes turísticos o coñecemento...

0
“Cremos que é fundamental establecer estruturas de traballo que permitan que toda a cadea de valor do turismo en Galicia configure unha rede de...

O Concello de Portas métese de cheo no Nadal coa entrega de premios do...

0
O alcalde Ricardo Martínez aproveitará estes actos da fin de semana para felicitarlle as festas á veciñanza O concello de Portas vivirá unha fin de...

A Deputación visita en Poio a estrada provincial EP-0601 Portosanto-Campelo-PO-308 na que se investirán...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, e o alcalde de Poio, Ángel Moldes, visitaron a zona na que, entre outras actuacións, se executará...

Publicacións Relacionadas