Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación de Ourense colabora co cuarto encontro galego de ciberseguridade que...

A Deputación de Ourense colabora co cuarto encontro galego de ciberseguridade que se celebra na Tecnópole

- Anuncio -

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou esta mañá na inauguración da xornada onde puxo en valor o compromiso da institución provincial coa ciberseguridade, sendo un dos membros fundadores de CiberGal


Así mesmo, o presidente provincial destacou o “acaído” que foi escoller Ourense para celebrar esta xornada, xa que é precisamente onde se está a construír o Centro de Excelencia en Ciberseguridade, “outra aposta da Xunta pola nosa provincia que dará unha resposta excepcional á altura do capital humano que temos en Ourense”


O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou esta mañá no Parque Tecnolóxico de Galicia, na inauguración da xornada “Galicia segura: innovación e ciberseguridade”, o IV Encontro galego de ciberseguridade, onde estivo acompañado pola alcaldesa de San Cibrao das Viñas, Marta Nóvoa; polo director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Julián Cerviño; e polo director da Tecnópole, Javier Taibo.
Na súa intervención, Luis Menor puxo en valor o compromiso e sensibilidade da Deputación de Ourense coa ciberseguridade, sendo un dos membros fundadores do nodo galego de ciberseguridade, CiberGal. Un compromiso que continúa a materializarse a través de distintos proxectos como o “AcelerOU” co que a Deputación impulsa a transformación dixital das pequenas empresas ourensás. Este proxecto suporá un investimento de 474.224,60 € e “pretendemos chegar a 1.000 pemes e traballaremos para que, ao menos, o 30% das axudas se destinen a mulleres”, sinalou Menor.
Así mesmo, o presidente da Deputación destacou o “acaído” que foi escoller Ourense para celebrar esta xornada xa que é precisamente onde se está a construír o Centro de Excelencia en Ciberseguridade de Ourense, “outra aposta da Xunta pola nosa provincia que dará unha resposta excepcional á altura do capital humano que temos en Ourense”, engadiu.
Neste sentido, o presidente provincial agradeceu ao goberno autonómico que hai 30 anos apostara por Ourense para instalar o Parque Tecnolóxico de Galicia que crea emprego e xera riqueza na nosa provincia. Unha aposta que agora se continúa e coa mesma importancia coa ubicación deste Centro de Excelencia en Ciberseguridade neste lugar, puxo en valor o presidente da Deputación.

Relacionadas

Luis López asiste á presentación oficial do percorrido de La Vuelta para o ano...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, participou este xoves no acto de presentación oficial do percorrido de La Vuelta 2025 celebrado no...

A Deputación e o Clúster de Turismo fomentan entre os axentes turísticos o coñecemento...

0
“Cremos que é fundamental establecer estruturas de traballo que permitan que toda a cadea de valor do turismo en Galicia configure unha rede de...

A Deputación visita en Poio a estrada provincial EP-0601 Portosanto-Campelo-PO-308 na que se investirán...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, e o alcalde de Poio, Ángel Moldes, visitaron a zona na que, entre outras actuacións, se executará...

Luisa Sánchez asiste ao brinde de Nadal do Círculo de Empresarios de Galicia no...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu hoxe nas instalacións do Círculo de Empresarios de Galicia en Vigo ao tradicional brinde de...

A Deputación leva este sábado a Pontecesures o circuíto +Escénicas con “Urxente chamamento ó...

0
O espectáculo de teatro familiar poderá verse de balde ás 21:00 horas no centro social +Escénicas é un novo circuíto da institución provincial, dotado con...

A Deputación leva a súa programación cultural este sábado ás Neves e Pazos de...

0
Pazos acollerá o “Concerto Punkinfantil” de Peter Punk e Brais das Hortas no marco do circuíto +Escénicas, que está a levar o teatro e...

Publicacións Relacionadas