O Concello de Ourense pública no día de hoxe o decreto que aproba a listaxe definitiva de cualificación dos expedientes de axudas para a adquisición de libros de texto, material escolar e comedores escolares para o curso 2024/2025.
O decreto pódese consultar, durante un prazo dun mes, na rúa da Primavera, número 1, baixo, no taboleiro de edictos do Concello de Ourense e na páxina web do Concello.