Home Ourense O Concello recupera as parcelas que cedera no seu día á Xunta...

O Concello recupera as parcelas que cedera no seu día á Xunta para construír o Centro de Interpretación de Parques Naturais

- Anuncio -

Notificaralle o acordo á Confederación Hidrográfica para que proceda á demolición da edificación inacabada

A Xunta de Goberno Local aprobou 24 acordos na súa sesión ordinaria desta semana

O Concello de Ourense recupera a titularidade das parcelas que cedera no seu día á Xunta de Galicia para a construción do errado Centro de Interpretación de Parques Naturais, en Quintela de Canedo.

A Xunta de Goberno Local aprobou na súa sesión desta mañá resolver a cesión gratuíta á Xunta de Galicia das 2 parcelas cedidas, na paraxe da Veiga, Quintela de Canedo: unha de equipamento sociocultural de 23.255,28 metros cadrados, e outra de zona verde do sistema xeral cunha superficie de 3.002,72 m², e requirir á Xunta de Galicia para que llas entregue ao Concello.

O Concello notificaralle o acordo á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil para que proceda á demolición da edificación inacabada para o futuro uso dos terreos ao servizo da cidade.

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou en total 24 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu a mediodía de hoxe no salón de plenos.

Servizo de Rehabilitación (8). Outorgar definitivamente 8 subvencións solicitadas por particulares para a execución de obras de reforma de edificios e vivendas na área de rehabilitación urbana (ARRU) da cidade: 4 delas no centro histórico, 2 na ARRU O Polvorín – As Camelias – A Carballeira, e outras 2 no núcleo etnográfico de Seixalbo.

Patrimonio (1). Reversión da titularidade de 2 parcelas en Quintela de Canedo.

Asuntos Sociais (1) Recoñecer unha obriga de pagamento de 2 facturas polo alugueiro dun local da Área Social do Concello.

Persoal e Recursos Humanos (1)

Aprobar a modificación da Oferta de Emprego Público extraordinaria para a estabilización de emprego temporal do Concello de Ourense
Retirouse da orde do día da sesión o punto relativo á proposta de modificación da base número 10ª das bases reguladoras dos procesos selectivos, mediante concurso, para a execución da oferta de emprego público do Concello de Ourense extraordinaria para a estabilización de emprego temporal correspondente ao exercicio 2022 (aprobadas por Decreto da Alcaldía nº 2022011931, do 27 de decembro de 2022, e publicadas no BOP nº 299, do 31 de decembro de 2022).

O expediente irá á próxima xunta de goberno local.

Avogacía Consistorial (13). A Xunta Local deu conta de 9 sentenzas, 6 delas ditadas polo Xulgado do Contencioso Administrativo número 1 e outras 3 polo número 2, e tomou coñecemento de que o Concello comparecerá diante do Xulgado do Contencioso Administrativo número 1 de Ourense en 2 procedementos ordinarios e diante do número 2 nun ordinario e outro abreviado.

Relacionadas

A Deputación mobilizará varios vehículos para espallar sal nas estradas provinciais ante a previsión...

0
Debido aos prognósticos das axencias meteorolóxicas por avisos de temperaturas mínimas e posibles xeadas para esta madrugada, e co fin de garantir a seguridade...

A Deputación fai efectiva a cesión da estrada de San Vicente, en Vilamartín de...

0
O presidente provincial, Luis Menor, celebrou unha xornada de traballo na comarca de Valdeorras, na que o Consorcio de Augas aprobou os orzamentos de...

A Xunta de Goberno Local aprobou 27 acordos na súa sesión ordinaria desta semana

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 27 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que tivo lugar a mediodía de...

A Real Banda de Gaitas ofrecerá o seu tradicional concerto de Nadal na igrexa...

0
Este evento terá lugar o vindeiro 27 de decembro ás 18.30 horas, e se retransmitirá tamén por streaming, é “un dos símbolos indiscutibles do...

O Concello de Ourense dálle o nome oficial de glorieta da Policía Nacional á...

0
Alcalde e corporación municipal asistiron ao descubrimento da placa que recolle a denominación da rotonda O Concello súmase así á celebración do 200 aniversario da...

O desfile de Papá Noel ocasionará restricións puntuais de tráfico o sábado pola tarde

0
O desfile de Papá Noel que terá lugar o sábado, 21 de decembro, polo centro da cidade, requirirá pechar ao tráfico de vehículos a...

Publicacións Relacionadas