Home Xunta de Galicia Rueda destaca a aposta da Xunta polo emprego na Costa da Morte...

Rueda destaca a aposta da Xunta polo emprego na Costa da Morte e a industrialización sostible de Galicia

- Anuncio -

 Sinala que a aposta pola industrialización e a descarbonización son dous camiños a seguir para aumentar as oportunidades de vivir e prosperar en Galicia

 Resalta que a Xunta de Galicia traballa para facilitar un desenvolvemento áxil e sostible das empresas na comunidade

 Destaca que a creación dunha comercializadora de enerxía galega abaratará a enerxía a empresas e particulares

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, salientou hoxe a aposta do Executivo galego pola creación de emprego na Costa da Morte e a industrialización sostible de Galicia.

Na súa intervención no acto de celebración do 120 aniversario de XEAL e dos 30 anos que cumpre Energo-Pro, o último deles á fronte de XEAL, o titular do Goberno galego salientou a “calidade” da entidade e a “confianza” depositada por esta empresa ao investir en Galicia, xerando riqueza e emprego na Costa da Morte, e manifestando que proxectos coma este poden contar con “todo o apoio da Xunta”.

Nesta liña, nun momento no que investidores estranxeiros ven Galicia coma un “magnífico sitio para investir”, Rueda indicou que débese facer o posible para aproveitalo e compatibilizar “a preservación do medio ambiente e as novas industrias” para que a xente, especialmente a poboación máis nova, teña máis oportunidades de futuro en Galicia.

Así, a aposta pola industrialización que manifestou o presidente da Xunta, tradúcese en medidas como a creación dunha comercializadora de enerxía galega que facilitará o acceso a unha “enerxía democrática” para cada vez máis persoas, a desburocratización para facilitar e axilizar os trámites precisos, a posta a disposición das empresas de 500.000 m2 de solo industrial sen custo durante os oito primeiros anos e os servizos da Oficina Económica de Galicia, que respondeu desde abril máis de 7.000 consultas.

Relacionadas

A Xunta nomea os membros do Comité Galego de Xustiza Deportiva co inicio do...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes asistiu ao acto de renovación deste organismo enmarcado na Lei do Deporte de Galicia O conselleiro de Presidencia,...

Galicia solicita no Senado a revisión do nivel de protección do lobo e que...

0
Ángeles Vázquez insiste na necesidade de adoptar medidas ante a situación insostible que está a soportar o sector gandeiro polo elevado número de ataques...

A Xunta pon en marcha a sexta edición da campaña escolar Pilabot para concienciar...

0
— Os 150 colexios de Primaria e Secundaria participantes terán seis semanas lectivas para xuntar este tipo de residuos, con prazo límite ata o...

A Xunta avanza da man de patronal e sindicatos no marco do diálogo social...

0
― José González salienta a importancia do Diálogo Social e de reforzar a súa transversalidade co gallo dunha xuntanza para avaliar os orzamentos e...

A Xunta amplía en case un 70% o orzamento das axudas extraordinarias ao retorno

0
— O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde que recolle este incremento que permitirá atender a alta demanda do programa e beneficiar...

Rueda pon en valor a contribución da Xunta na posta en marcha da residencia...

0
Aos preto de 340.000 euros destinados á construción e equipamento, súmanse os 750.000 euros anuais que achegará o Goberno galego para o mantemento de...

Publicacións Relacionadas