Home A Coruña A Concellaría de Xuventude lanza o proxecto "Re-parándonos" para promover a economía...

A Concellaría de Xuventude lanza o proxecto “Re-parándonos” para promover a economía circular entre a mocidade

- Anuncio -

O Centro Xove da Almáciga acollerá nas próximas semanas un ciclo de obradoiros de reparación de obxectos que teñen como obxectivo promover a economía circular entre a mocidade. Trátase do programa “Re-parándonos”, impulsado pola Concellaría de Xuventude no marco do proxecto europeo “The Circular Way to Inclusion”, do que Santiago é coordinador. A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, presentou hoxe as actividades, que arrincarán cun evento de lanzamento o próximo día 8 no que participarán a actriz Areta Bolado e o músico Mondra.

María Rozas explicou que a Concellaría de Xuventude aposta por unha programación estable que lle dea certa continuidade ao proxecto europeo que botou a andar en 2022, co obxectivo de formar ao persoal que traballa coa mocidade para ofertarlle actividades formativas máis innovadoras, accesibles e atractivas na área da economía circular. De aí os obradoiros formativos do ciclo “Re-parándonos”, que comezarán o día 16 de outubro. María Rozas apuntou que “ainda que a Unión Europea ten fixado o obxectivo de conseguir unha economía circular e climáticamente neutra para 2050, a realidade é que non imos polo bo camiño, e todos e todas debemos achegar o noso gran de area para avanzar nesa liña”. Nese sentido, indicou que “é preciso lexislar, pero tamén hai que actuar sobre os hábitos cotiás da cidadanía, e diso se trata con esta actividade”.

Os obradoiros desenvolveránse en colaboración con Feitoría Verde, e abordarán temáticas diferentes como a elaboración de xabóns, a reparación de instrumentos musicais ou bicicletas, a reciclaxe de roupa ou a utilización de produtos de limpeza respectuosos co medio ambiente. Miguel Pardellas, representante da cooperativa, explicou que “ademais de formar, os obradoiros están pensados para xerar sentimento de comunidade, para que os mozos e mozas se sintan parte dun grupo de iguais que queren cambiar as cousas”.

Xornada de lanzamento

Antes do inicio dos obradoiros, o próximo día 8 o Centro Xove da Almáciga acollerá un evento que será o lanzamento oficial do proxecto “Re-parándonos” e que ccontará coa participación de dúas figuras destacadas do ámbito cultural galego: Areta Bolado, actriz da compañía teatral A Panadaría, e Mondra, artista musical.

Durante a xornada, que comezará ás 17 horas, as persoas asistentes compartirán diferentes reflexións e experiencias, para coñecer como a economía circular se integra nas nosas vidas e tamén nas traxectorias creativas de artistas como Areta ou Mondra, que explicarán como incorporan os principios de sustentabilidade e reutilización nos seus proxectos. A música tamén terá un papel destacado nesta xornada, xa que está prevista unha actuación en acústico de Mondra.

A entrada para participar no evento de lanzamiento de “Re-parándonos” é libre e de balde.

Obradoiros formativos

Os obradoiros formativos do programa “Re-parándonos” serán todos os mércores, desde o 16 de outubro. O primeiro será un faladoiro introductorio sobre economía circular, a cargo de Miguel Pardellas e Ángela Fraga, de Feitoría Verde. A este seguiránlle outros obradoiros sobre conservación de alimentos, reparación de instrumentos musicais, elaboración de xabóns, ou reparación e reciclaxe de roupa. Tamén haberá actividades sobre elaboración de bálsamos labiais e candeas, reparación de bicicletas, reaproveitamento de alimentos ou cociña vegana.

Todas as actividades serán de balde, e ofertaránse inicialmente 15 prazas que poderían ser ampliadas nalgún caso segundo a demanda. A inscrición pode facerse a través do mail info@centroxove.com

Relacionadas

Maxestuosa actuación do alumnado da Escola Municipal de Danza co Crebanoces

0
A elevada calidade artística do alumnado da Escola Municipal de Danza quedou patente unha vez máis esta tarde en Mera, no Auditorio Gabriel García...

Juan Ignacio Borrego, na visita do CLIAC á Cociña Económica: “Pola súa empatía, as...

0
A rapazada que integra o Consello Local da Infancia da Coruña visitou esta tarde as instalacións do comedor social na rúa Socorro, acompañados polo...

O BNG de Oleiros preguntará no vindeiro pleno polas novas analíticas que declaran...

0
Após o tanque de tormentas, de 4 millóns de euros, continúa como zona vetada ao baño Falaba a  Xunta da Galiza aló polo ano de...

O Concello de Carballo duplica o número de minipuntos limpos de proximidade para facilitar...

0
Os novos puntos, situados nos barrios da Milagrosa, O Chorís e O Hospital-San Cristovo, inclúen por primeira vez un depósito específico para material escolar O...

A cabalgata de Papá Noel percorrerá o luns toda Neda para chegar aos nenos...

0
A cita, organizada polo Concello terá lugar o luns 23 de decembro, ao longo de toda a xornada A continuación, terá lugar a tradicional recepción...

Circo e xadrez en San Sadurniño… e avance da programación da fin de semana

0
A Casa da Cultura encheuse esta mañá de risas e números abraiantes coa Gala de Circo que nos ofreceu Culturactiva. Un espectáculo organizado polo...

Publicacións Relacionadas