Home A Coruña Volve a ‘Danza Rosa’ de Camariñas para conmemorar o Día Internacional contra...

Volve a ‘Danza Rosa’ de Camariñas para conmemorar o Día Internacional contra o Cancro de Mama

- Anuncio -

· Será o sábado 19 de outubro, e partirá ás 16 horas desde a praza do Concello, onde se impartirá unha clase de zumba ao remate.

· As persoas interesadas poden realizar a inscrición no Concello ou no local Chuchelandy, que inclúe a camiseta ‘Camariñas Sorprende’ co donativo de 7 euros a favor da Asociación Española Contra el Cáncer.

Como xa é habitual, o Concello de Camariñas organiza unha ‘Danza Rosa’ para conmemorar o Día Internacional contra o Cancro de Mama. O sábado 19 de outubro as rúas do municipio tinguiranse de cor cos panos e arcos rosas en apoio ás persoas enfermas de cancro.

A actividade, en colaboración coa Asociación Española Contra el Cáncer, consiste nunha andaina e danza de arcos. As persoas participantes sairán desde a praza do Concello ás 16 horas. Unha vez rematada a marcha, impartirase unha clase de zumba ao aire libre.

As persoas interesadas en participar na Danza Rosa poden apuntarse no Concello ou no local Chuchelandy, donde se lles dará a demandada camiseta da Mostra do Encaixe co lema ‘Camariñas Sorprende co donativo de 7 euros a favor da Asociación Española Contra el Cáncer.

Relacionadas

Así de espectacular será este ano o Nadal en Carballo!

0
A carpa da Praza do Concello será “o centro neurálxico” do programa, que tamén encherá de actividade o Pazo da Cultura, o Fórum, as...

Inés Rey reclama un maior recoñecemento ás mulleres no eido gastronómico na presentación de...

0
A alcaldesa participou no acto de presentación do libro de Xavier Castro A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde o acto de presentación do libro...

Oito locais de hostalaría da Coruña optan á mellor tapa da cidade a través...

0
O xurado profesional seleccionou as creacións de oito locais, dun total de 44 participantes, con dez tapas elixidas para ser finalistas: cinco na modalidade...

O concello dá a benvida ao Nadal este xovés ás 18:30 horas co acendido...

0
Tamén se presenta a programación cultural municipal para as festas, que contará con moitas iniciativas para o público infantil e familiar. O Nadal chegará este...

Cinco Équidos habitarán o Castro de Montes Claros para realizar o control ecolóxico e...

0
A iniciativa é impulsada polo Concello coa colaboración da Asociación Pura Raza Cabalo Galego e Poni Club Galicia. Desde este mediodía o recinto do Castro...

Neda recibe este mércores a visita dun dos ‘foodtruck’ da campaña GALICIA SABE AMAR

0
Neda recibirá este mércores a visita dun dos foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR, destinada a promocionar os produtos do mar de Galicia, e...

Publicacións Relacionadas