Home A Coruña Sara Martínez Bello gaña o V Premio de poesía Filomena Dato coa...

Sara Martínez Bello gaña o V Premio de poesía Filomena Dato coa obra ‘Eira’

- Anuncio -

· O premio ten unha dotación económica de 2.500 euros e a publicación do poemario na editorial Apiario.

· O xurado salientou da obra cuestións como o “traballo coa memoria apoiándose na presenza do sensorial sen caer en tópicos”.

Sara Martínez Bello resultou gañadora do V Premio de Poesía Filomena Dato, convocado polo Concello de Bergondo, grazas ao poemario ‘Eira’.

O xurado, integrado por Alejandra Pérez Máquez, presidenta (sen voto), Dores Tembrás, Lois Pérez e Noelia Gómez, como vogais, deliberaron a vitoria do conxunto poético de Sara Martínez Bello valorando do mesmo que se trata dunha “lectura que sostén o interese da lectora de comezo a fin, polo traballo coa memoria apoiándose na presenza do sensorial sen caer en tópicos e revelando conceptos como a violencia contida e a dignidade do común, o desenvolvemento dunha psicoxeografía propia, o uso coidado da linguaxe”. Igualmente, o xurado salientou o “emprego e control de diferentes estruturas do poema que desembocan nunha conxunción entre forma e fondo, subliñando unha sensación de verdade”.

O premio ten unha dotación económica de 2.500 euros e a publicación da obra pola editora Apiario na colección de poesía Filomena Dato.

Apiario é a encargada de coordinar este concurso de poesía e tamén levará a cabo a publicación da obra gañadora asumindo todo o proceso: deseño, imprenta, distribución e promoción.

A través deste galardón, o Concello de Bergondo suma o seu gran de area na promoción de certames que impulsan a creación poética en galego, así como a manter en vigor a figura histórica de Filomena Dato Muruais (1865-1926), muller fundamental no movemento literario do Rexurdimento e á que se lle dedicará o ano 2026.

Relacionadas

Carral repartirá 2.000 euros en premios durante a súa campaña de comercio de Nadal

0
• A iniciativa estará en marcha entre o 12 de decembro e o 12 de xaneiro de 2025 baixo o lema ‘Volve a Carral...

Aberto o prazo de inscrición nos talleres e percorridos guiados no Castelo de San...

0
As actividades, que forman parte da programación de Nadal, celebraranse os sábados e domingos do período festivo O Concello da Coruña abriu este mércores o...

O BNG reitera a solicitude de apertura do apeadoiro de Boedo despois de que...

0
O Deputado nacionalista no Congreso, Néstor Rego, trasladou novamente a solicitude ao Goberno español. Trala primeira pregunta do BNG no Congreso, o Goberno de España...

Cariño celebrará este domingo unha dobre sesión de cinema dentro da súa programación especial...

0
• Haberá unha sesión destinada ao público infantil e outra para o público adulto. • Ambas as sesións celebraranse na Casa da Cultura e terán...

O barrio de Novo Mesoiro sumará un novo espazo de ocio xuvenil, habilitado para...

0
A alcaldesa, Inés Rey, anunciou hoxe que o proxecto para a construción desta infraestrutura foi aprobado na Xunta de Goberno Local. “Con esta actuación...

Saída de vía na AC-564, á altura do concello das Pontes

0
Os bombeiros do parque Comarcal Provincial das Pontes participaron na noite de onte nun operativo provocado por unha saída de vía na estrada AC-564,...

Publicacións Relacionadas