Home A Coruña O vindeiro xoves bota a andar a segunda fase do programa “En...

O vindeiro xoves bota a andar a segunda fase do programa “En Bergondo coidamos”

- Anuncio -

· Consiste nun espazo de apoio e formación psicoeducativa dirixido a pais e coidadores, centrado na crianza e o benestar dos nenos na súa etapa de 0 a 6 anos.

O Concello de Bergondo, a través do seu Departamento de Servizos Sociais, continúa avanzando co seu programa “En Bergondo Coidamos”, que agora entra na súa segunda fase centrándose na atención psicoeducativa para familias con menores. Esta iniciativa, deseñada para apoiar a pais, nais e coidadores no complexo proceso da crianza de nenos de 0 a 6 anos, ten como obxectivo principal xerar un espazo dinámico de encontro e aprendizaxe práctico sobre a educación e o benestar dos menores.

Nesta nova fase, que se desenvolverá desde o 10 de outubro ata o 19 de decembro de 2024, abordaranse temas clave como a xestión emocional, a corresponsabilidade nos coidados, a comunicación asertiva e o autocuidado dos coidadores. As sesións terán lugar no local social do edificio A Senra todos os xoves de 10:00 a 12:00 horas.

Este programa, organizado desde os Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Bergondo, conta coa colaboración de diversas entidades especializadas na atención a mulleres, familias e menores, como ANHIDA, Dismacor, a Fundación Mujeres, o Servizo de Atención Temperá de Bergondo (SAT) e o Colexio Rural Agrupado (CRA). As sesións estarán lideradas por un equipo multidisciplinario de psicólogos, sociólogos e educadores, que proporcionarán estratexias prácticas para mellorar a vida familiar.

O itinerario está pensado para ofrecer apoio tanto emocional como práctico ás familias, permitíndolles traballar aspectos clave como a identificación e regulación emocional, a comunicación asertiva no fogar e a xestión de conflitos. Así mesmo, buscarase promover a corresponsabilidade nos coidados, fomentando unha repartición máis equilibrada das tarefas familiares.

Contido da segunda fase do programa

O calendario de actividades para esta segunda fase do programa inclúe unha variedade de talleres e charlas deseñados para abordar os retos máis comúns que enfrontan as familias na súa vida diaria. A continuación, destácanse algúns dos temas que se tratarán nas próximas semanas:

10 de outubro: “Como inflúe a nosa crianza no seu futuro”
17 de outubro: “E que lle digo se non me fai caso?”
24 de outubro: “Se me enfado, conto ata 10. Iso non funciona!”
31 de outubro: “De verdade estouno facendo tan mal?”
7 de novembro: “Coidar sen descoidarse”
14 de novembro: “Eu coido, ti coidas, nós coidamos”
21 de novembro: “Familia diversa, unha viaxe diferente”
28 de novembro: “Que ten que ver a atención temperá coa nosa familia?”

Ademais, en decembro levarán a cabo tres sesións dedicadas especificamente ao autocuidado dos coidadores, con exercicios de relaxación e técnicas de mindfulness, ioga e respiración:

5 de decembro: “Aprendo a coidar de min (I)”
12 de decembro: “Aprendo a coidar de min (II)”
19 de decembro: “E… ata aquí chegamos!” – Clausura e sesión final sobre a atención temperá e o traballo en rede.

O programa caracterízase polo seu enfoque práctico, ofrecendo ás participantes ferramentas e técnicas concretas para mellorar a comunicación cos nenos, establecer normas e límites no fogar, e xestionar mellor #o #estrés e as emocións na vida diaria.

As persoas interesadas en participar poden obter máis información ou inscribirse a través do número de teléfono 981.791.252 (ext. 4) ou enviando un correo electrónico á dirección servicios.sociais@bergondo.gal. As prazas son limitadas e recoméndase realizar a inscrición canto antes para asegurar a participación.

Con esta segunda fase, o Concello de Bergondo reafirma o seu compromiso co benestar das familias e o desenvolvemento integral dos menores, ofrecendo un espazo seguro e de aprendizaxe mutua, onde pais, nais e coidadores poden compartir experiencias e aprender estratexias que fortalezan o vínculo familiar e melloren a calidade de vida de todos os membros do fogar.

Relacionadas

Así de espectacular será este ano o Nadal en Carballo!

0
A carpa da Praza do Concello será “o centro neurálxico” do programa, que tamén encherá de actividade o Pazo da Cultura, o Fórum, as...

Inés Rey reclama un maior recoñecemento ás mulleres no eido gastronómico na presentación de...

0
A alcaldesa participou no acto de presentación do libro de Xavier Castro A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde o acto de presentación do libro...

Oito locais de hostalaría da Coruña optan á mellor tapa da cidade a través...

0
O xurado profesional seleccionou as creacións de oito locais, dun total de 44 participantes, con dez tapas elixidas para ser finalistas: cinco na modalidade...

O concello dá a benvida ao Nadal este xovés ás 18:30 horas co acendido...

0
Tamén se presenta a programación cultural municipal para as festas, que contará con moitas iniciativas para o público infantil e familiar. O Nadal chegará este...

Cinco Équidos habitarán o Castro de Montes Claros para realizar o control ecolóxico e...

0
A iniciativa é impulsada polo Concello coa colaboración da Asociación Pura Raza Cabalo Galego e Poni Club Galicia. Desde este mediodía o recinto do Castro...

Neda recibe este mércores a visita dun dos ‘foodtruck’ da campaña GALICIA SABE AMAR

0
Neda recibirá este mércores a visita dun dos foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR, destinada a promocionar os produtos do mar de Galicia, e...

Publicacións Relacionadas