Free Porn
xbporn
Home O Morrazo Marín O Concello habilitará un novo aparcadoiro público na zona de Ponte Zapal...

O Concello habilitará un novo aparcadoiro público na zona de Ponte Zapal cunha parcela de 700 metros cadrados

- Anuncio -

A alcaldesa, María Ramallo, anuncia que se realizará un contrato de aluguer coa propiedade para a parcela, ubicada xunto ao actual aparcadoiro, no que se realizará o desbroce e as obras para habilitalo nas próximas semanas

A alcaldesa, María Ramallo, anunciou que nas próximas semanas habilitarase un novo aparcadoiro público gratuíto en pleno centro urbano da vila nunha parcela de aproximadamente 700 metros cadrados de superficie.
Está ubicada xunto ao actual aparcadoiro de Ponte Zapal, a escasos minutos dalgúns dos puntos de atracción máis importantes: a Praza de Abastos, as rúas comerciais, as oficinas de Correos e da Policía Nacional…
Ramallo explica que “esta nova está dentro do noso plantexamento de seguir buscando parcelas que poidan servir para ofrecer novas plazas de estacionamento, sobre todo nos espazos máis tensionados”.
O Concello contará con esta parcela, de aproximadamente 700 metros cadrados, grazas a un contrato de aluguer que firma coa propiedade. “Agora, nas próximas semanas, traballaremos en poñer a finca a punto, desbrozándoa e preparándoa para que poida empezar a utilizarse como bolsa de aparcamento o antes posible”, explicou a rexedora.
Outra zona na que o Concello está intensificando a búsqueda de parcelas é o entorno do Centro de Saúde e das zonas de Ezequiel Massoni e Jaime Janer.

Con esta nova dotación, Marín suma no seu casco urbano 11 aparcadoiros públicos gratuítos creados nos últimos anos (sen contar o estacionamento da parcela de Praza de España). Esta é a listaxe dos actualmente habilitados:
PRAZA DO REGUEIRO: 60 prazas
SAGRADA FAMILIA: 25 prazas
CONCEPCIÓN ARENAL: 100 prazas
PONTE ZAPAL: 50 prazas
VIRXE DO CARME: 40 prazas
QUEVEDO: 50 prazas
INFERNIÑO: 60 prazas
REPÚBLICA ARXENTINA: 170 prazas
REPÚBLICA ARXENTINA: 290 prazas
JAIME JANER: 50 prazas

Relacionadas

O vicepresidente da Deputación Rafa Domínguez na clausura da VI edición do “Foro La...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu na Illa da Toxa á clausura da sexta edición do “Foro La Toja. Vínculo Atlántico”,...

Arranca a conta atrás para o Samaín Briz, que volverá con forza o 31...

0
A concelleira de Festas, Marián Sanmartín, xa mantivo varias reunións cos colectivos que colaboran no desenvolvemento da festa. Volverán as rutas do medo, as...

Redondela retira máis de 200 quilos de lixo do río Maceiras

0
Alumnado do instituto Illa de San Simón e voluntarios do Programa de Voluntariado do Concello sumáronse á limpeza simultánea de ríos impulsada pola Asociación...

Domínguez, sobre o alcalde e os bolardos: “Lores opta polo ‘comigo ou contra min’...

0
• O líder do PP defende eliminar as barreiras arquitectónicas que impiden o acceso dos corpos e forzas de seguridade ao centro urbano de...

Salceda estrea Pavillón de deportes renovado

0
O cambio de formigón pulido a tarima de madeira de faia supuxo un investimento de 92.338,60 € O Concello de Salceda de Caselas ven de...

O vicepresidente da Deputación Rafa Domínguez no XXIII Encontro Internacional de Hospitaleiras e Hospitaleiros...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu hoxe no Salón Nobre do Liceo Casino de Pontevedra ao XXIII Encontro Internacional de Hospitaleiras...

Publicacións Relacionadas