Home Pontevedra Barro A Deputación supervisa os traballos de execución de cunetas de seguridade e...

A Deputación supervisa os traballos de execución de cunetas de seguridade e reposición de firme na estrada provincial EP-0508 Curro-San Amaro de Barro

- Anuncio -

A deputada provincial Isabel Couselo recorreu esta actuación de seguridade viaria que se está a desenvolver en varios tramos desta estrada provincial pola que transcorre o Camiño de Santiago

A Deputación de Pontevedra está a executar cunetas de seguridade e obras de reposición de firme na estrada provincial EP-0508 Curro-San Amaro no Concello de Barro. A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, recorreu a actuación que se está a desenvolver en varios tramos desta estrada provincial pola que transcorre o Camiño de Santiago. Trátase dunha obra enmarcada no acordo marco de cunetas de seguridade na rede viaria da Deputación de Pontevedra, que ascende a preto de 2 millóns de euros.

Segundo destacou Couselo, as obras que se están a realizar no Concello de Barro trátanse de operacións de mellora da seguridade viaria mediante a execución de cunetas en diferentes puntos da estrada provincial EP-0508 Curro-San Amaro. “Mediante estas cunetas – tal e como recordou a deputada- non só se vai mellorar a drenaxe da estrada mediante a evacuación das augas pluviais, senón que se vai xerar un espazo transitable máis seguros para os peóns nun tramo polo que transcorre, ademais, o Camiño de Santiago”. A actuación en Barro complétase tamén coa reposición da capa de rodadura da estrada.

Isabel Couselo lembrou que esta é só unha das actuacións incluídas no acordo marco de obras de cunetas de seguridade na rede viaria da Deputación de Pontevedra, que ascende a 2 millóns de euros e que, no que respecta á zona na que se sitúa Barro, o lote 2, supón un investimento de máis de 800.000 euros.

Relacionadas

Tui aposta pola eficiencia enerxética renovando as luminarias dos accesos á cidade

0
Co cambio a led deixaranse de emitir 51,46 toneladas de CO2 O Concello de Tui vai proceder ao cambio das luminarias dos accesos á cidade...

O 53% do alumnado do Programa Integrado de Emprego de Ponteareas acadou a inserción...

0
• A Xunta destinou máis de dous millóns de euros en obradoiros e programas de inserción laboral • Cen persoas comezaron hoxe o segundo Programa...

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

Aberto o prazo para o Concurso de Escaparates de Nadal

0
A concellería de Comercio do Concello de Ponteareas informa que abre o prazo de inscrición para participar no Concurso de Escaparates de Nadal. Ata...

Mos, pioneiro en iniciativas culturais co seu novo Plan Estratéxico de Cultura 2025/2028

0
-          Trátase dun documento singular e insólito en municipios de 15.000 habitantes como o mosense -          O tecido asociativo cultural de Mos é vastísimo, cun total de 93 asociacións e grupos, que...

Publicacións Relacionadas