Home Pontevedra O concello de Vilaboa subvenciona con ata 2.500 euros actividades veciñais feitas...

O concello de Vilaboa subvenciona con ata 2.500 euros actividades veciñais feitas en 2024

- Anuncio -

As entidades interesadas teñen de prazo ata o día 22 para presentar a súa solicitude e poden consultar as bases na web municipal

O Concello de Vilaboa abre unha liña de axudas ás entidades veciñais do municipio que lles permitirá percibir unha subvención de ata 2.500 euros como máximo pola realización de actividades lúdicas e que fomenten a convivencia entre a cidadanía durante este ano 2024.

As bases, que xa sairon publicadas no BOPP e se poden consultar na web municipal (www.vilaboa.gal), establecen este mes de outubro como prazo para presentar as pertinentes solicitudes nas que os colectivos interesados terán que incluir unha memoria valorada da actividade desenvolta así como documentación que acredite que o colectivo solicitante está de alta no Rexistro do Concello e ao corrente de pagos das súas obrigas con todas as administracións, entre outros requisitos. A cantidade da subvención que se conceda será acordada por unha Comisión de Valoración que estará presidida polo alcalde, César Poza, e integrada por la concelleira de Educación e dous técnicos municipais otorgando unha puntuación a cada actividade tengo en conta do cumprimento das bases desta convocatoria.

O goberno local de Vilaboa pretende con estas subvencións fomentar a participación cidadá como medio de mellora da calidade de vida e das relacións veciñais e que se potencie o desenvolvemento das persoas, das aldeas e das parroquias do Concello de Vilaboa mediante actividades de carácter lúdico, social, cultural ou tempo libre.

Teñen cabida nestas subvencións actividades de tipo físico (ximnasia, ioga, pilates, aerobic); de ocio e tempo de lecer que promovan espazos de convivencia e encontro (obradoiros de traballos manuais, restauración, música, lectura, danza, risoterapia, etc.); de tipo formativo e informativo á colectividade (obradoiros de xogos tradicionais, conferencias, coloquios, etc); de actividades de interese patrimonial, medio ambiental ou de rutas; celebracións tradicionais como magostos, cacharelas, entroido, adornos de nadal, etc.

Relacionadas

A ANPA Cal do Vergazo, en colaboración co concello da Lama, celebra este domingo...

0
O alcalde David Carrera e membros desta asociación escolar presentaron a actividade que contará con 51 expositores, música e obradoiros participativos O alcalde da Lama,...

A Deputación leva este domingo a Soutomaior o circuíto +Escénicas con “O tranvía Leonardo”,...

0
O espectáculo para público infantil celebrarase ás 17:30 horas na Casa da Cultura +Escénicas é un novo circuíto da institución provincial, dotado con 150.000 euros,...

O BNG emenda os orzamentos da Xunta para que Soutomaior conte canto antes co...

0
O BNG de Soutomaior vén de presentar as súas emendas aos Orzamentos da Xunta de 2025. O obxectivo destas emendas é que a Xunta...

A Deputación leva este domingo a Cerdedo-Cotobade a proxección de “A viaxe de Lucy”...

0
O documental poderá verse na Casa do Pobo de Corredoira ás 18:30 horas O ciclo, no que a institución provincial colabora coa Academia Galega do...

400 escolares aprenden a alimentarse de maneira saudable

0
● O Concello do Porriño, coa colaboración do SERGAS, impulsa estes talleres de nutrición nos centros educativos O Concello do Porriño segue apostando pola promoción...

A Deputación leva este sábado ás Neves a proxección de “Os espazos en branco”...

0
O documental poderá verse no Auditorio municipal ás 20:00 horas O ciclo, no que a institución provincial colabora coa Academia Galega do Audiovisual, chegará tamén...

Publicacións Relacionadas