Home Pontevedra Caldas O concello reafirma a súa apota polo desenvolvemento de programas de formción...

O concello reafirma a súa apota polo desenvolvemento de programas de formción integrados de emprego

- Anuncio -

• A Administración local vén de recibir por parte da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración unha achega de 220.000 euros para a realización destas iniciativas ata finais de 2025


• O municipio pechou o terceiro trimestre de 2024 cos rexistros máis baixos de desemprego dos últimos 20 anos, baixando por primeira vez dos 200 (189)

O Concello de Cuntis continuará desenvolvendo os Programas Integrados de Emprego (PIE) que tan ben están a funcionar nos últimos anos no municipio. Así o confirmou o alcalde, Manuel Campos, que explicou que a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, vén de aprobar unha solicitude tramitada pola Goberno local, a través da cal obtén 220.000 euros para continuar con estes programas durante o que resta de 2024 e o vindeiro exercicio 2025. Esta ferramenta ten coma obxectivo consolidar a mellora da ocupabilidade e a inserción laboral, durante un período de 12 meses, dun cento de persoas que se apotan en situación de desemprego.

Cuntis é un dos concellos da contorna adheridos a este programa, entre os que tamén se atopan Caldas de Reis, Portas, O PIE desenvólvese nas dependencias do Centro Ocupacional, situado no polígono industrial da Ran, e conta en cada unha das súas convocatorias cunha gran demanda no que a inscrición e participación se refire.
Manuel Campos incide en que un dos grandes obxectivos do Goberno local de Cuntis é ofrecer propostas que fomenten a inserción laboral, a formación profesional e o emprendemento. O alcalde salienta a importancia de poder contar co o PIE, xa que “tense demostrado que é unha ferramenta moi efectiva para axudar a emprender e mellorar a inserción laboral”. Os números así o demostran, toda vez que Cuntis pechou o anterior trimestre, o penúltimo do ano, co seu rexistro máis baixo de persoas desempregadas nos últimos 20 anos. A día 30 de setembro eran 189 as veciñas e veciños sen traballo, consolidándose así, deste xeito, a tendencia á baixa que xa vén sendo tónica habitual desde hai máis dunha década, e que só o ano 2020, condicionado pola pandemia da COVID-19, truncou de xeito momentáneo. Ata o de agora, a cifra máis baixa correspondente a esta franxa de tres meses correspondía á do mesmo trimestre de 2023, con 206 persoas desempregadas. A cantidade actual é un 42% máis baixa ca rexistrada, por exemplo, en 2017 (328) e queda lonxe dos rexistors máis elevados, provocados pola crise económica de 2008, cando se chegaron a contabilizar máis de 600 persoas na busca de emprego.

Por último, o Concello de Cuntis lembra que conta cun servizo de Orientación Laboral desde o ano 2009 e que tamén se empraza no polígono industrial da Ran. Asesoramento, información, deseño de itinerarios de inserción ou prosprección de empresas son algúns dos servizos que se ofrecen desde Orientación Laboral, tanto para a veciñanza de Cuntis como para a de Caldas de Reis.

Relacionadas

Tui será en 2026 a sede de Hispacon, o Congreso de Fantasía, Ciencia Ficción...

0
Será a cuarta cidade galega en acoller este evento que reunirá a nomes relevantes do xénero fantástico e que brindará múltiples actividades Tui será a...

A rapazada de Redondela plasma as súas reivindicacións no Pleno Infantil

0
O auditorio do Xunqueira acolleu esta mañá a celebración dun pleno infantil no que participaron alumnos e alumnas dos centros de primaria e secundaria...

Ponteareas celebra o seu pleno infantil

0
Na semana na que celebramos o Día Mundial da Infancia o Concello de Ponteareas celebra o seu pleno infantil no que escoitar e recoller...

Luis López presume en Marín “dunha provincia extraordinaria, chea de xente extraordinaria” na entrega...

0
O presidente provincial destacou a calidade do sector hostaleiro da provincia, da beleza paisaxística das Rías Baixas e do talento dos pontevedreses e pontevedresas...

Unanimidade en Salceda ante o proxecto de saneamento da parroquia de Entenza proposto polo...

0
O Pleno aproba o proxecto por valor de 856.850,01 € para dar servizo a 115 vivendasO Goberno presenta o proxecto no Plan Provincia extraordinaria...

O concello presenta o seu espazo de conciliación para este Nadal

0
Este ano haberá 4 horarios para conciliar nas vacacións de Nadal, dende o 23 de decembro ao 3 de xaneiro. Trátase dun espazo de...

Publicacións Relacionadas