Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación colaborará cos empresarios da área industrial do Carballiño para potenciar...

A Deputación colaborará cos empresarios da área industrial do Carballiño para potenciar a asociación e a prestación de servizos

- Anuncio -

O presidente provincial, Luis Menor, comprometeu esta cooperación nun encontro de traballo que mantivo no Pazo Provincial coa directiva da asociación de empresarios esta área industrial, encabezada polo seu presidente, Manuel Carballeda

Luis Menor lembrou que o pulo ao desenvolvemento dos espazos empresariais na provincia forma parte dos compromisos adquiridos no seu discurso de investidura, “estratexia que encaixa perfectamente cun dos polos de emprego máis importantes da provincia”

A Deputación de Ourense colaborará cos empresarios da área industrial da Uceira, no Carballiño, para potenciar o asociacionismo e facilitar a prestación de servizos ás firmas instaladas no parque empresarial.

O presidente da Deputación, Luis Menor, comprometeu esta cooperación no transcurso do encontro de traballo que mantivo no Pazo Provincial coa directiva da Asociación de Empresarios da Área Industrial do Carballiño, encabezada polo seu presidente, Manuel Carballeda, que estivo acompañado por Daniel Atanes, membro da xunta directiva.
Os representantes da asociación explicaron a Luis Menor a realidade dun parque empresarial que acolle na actualidade a 57 empresas, con 1.400 traballadores e unha facturación do entorno dos 300 millóns de euros anuais.

Na entrevista tamén se expuxeron as necesidades que teñen os empresarios instalados neste espazo, tanto en cuestións que son competencia doutras administracións como aspectos nos que pode colaborar a Deputación.

Luis Menor lembrou que o pulo ao desenvolvemento das áreas industriais na provincia forma parte dos compromisos adquiridos no seu discurso de investidura como presidente provincial, “estratexia que encaixa perfectamente cun dos polos de emprego máis importantes da provincia”.

O fomento do asociacionismo, engadiu, tamén redundará “na prestación de máis e mellores servizos aos empresarios da Uceira, fortalecendo este pulmón industrial que xera riqueza, emprego e mantén poboación na comarca”.

Relacionadas

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables a Vilagarcía de Arousa para...

0
O deputado provincial Javier Tourís visitou o concello coa oficina móbil, que percorrerá todos os municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia para...

A Deputación leva este venres ata Fornelos de Montes e Mondariz-Balneario o circuíto +Escénicas

0
“Unhas risadas sorprendentes”, de A Maga Fani e Martín Camiña Ilusionista, chegará ás 11:00 horas ao Colexio Público Dr. Suárez de Fornelos, e “Contacontos...

A vicepresidenta da Deputación asiste ao almorzo informativo ofrecido polo conselleiro de Sanidade en...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu este mércores ao almorzo informativo ofrecido por Antonio Gómez Caamaño, conselleiro de Sanidade da Xunta...

O PP esixe que o Concello de Vilar de Barrio cumpra coa legalidade nas...

0
O Partido Popular esixe que o Concello de Vilar de Barrio cumpra coa legalidade no que atinxe ás condicións de traballo das empregadas do...

Luis López inaugura en Marín a reforma do pavillón da Cañota: un impulso de...

0
O presidente provincial, acompañado pola alcaldesa e deputada María Ramallo, comproba o remate dunhas obras que melloran a imaxe, a accesibilidade e a eficiencia...

A Deputación é seleccionada por primeira vez no Japan World’s Tourism Film Festival co...

0
O vídeo foi seleccionado entre máis de 1.100 candidaturas de todo o mundo e inicia así o seu paso polo circuíto internacional de festivais...

Publicacións Relacionadas