Home A Coruña O Concello de Brión homenaxeará mañá venres ao antropólogo brasileiro Carlos Rodrigues...

O Concello de Brión homenaxeará mañá venres ao antropólogo brasileiro Carlos Rodrigues Brandâo, falecido en 2023

- Anuncio -

Inaugurará unha exposición fotográfica, adiada no seu día pola pandemia da Covid, e contará coa presenza de Iván Vilela, prestixioso musicólogo e intérprete de música brasileira na súa xira por Europa

O centro social polivalente de Brión acollerá mañá venres 11 de outubro, ás 20:00 horas, unha homenaxe a Carlos Rodrigues Brandâo, antropólogo brasileiro falecido a mediados de 2023. En 1992, Rodrigues Brandâo pasou catro meses na parroquia de Ons realizando unha investigación antropolóxica sobre a vida na Galicia rural, unha estadía que repetiu en anos sucesivos e da que xurdiron varios libros, un deles Aldeas que foi editado polo Concello de Brión en 2003 e repartido gratuitamente entre toda a veciñanza.

A homenaxe será conducida por unha das persoas que máis en contacto estivo con el: Luciano Pena Andrade, e incluirá a inauguración da exposición “Brandâo 1993: Brión a ollo de antropólogo”. Trátase dunha selección de fotografías realizadas polo antropólogo que o Concello de Brión tiña preparada para 2020 e que ía ser inaugurada polo propio Rodrigues Brandâo. Porén, a mostra tivo que ser suspendida pola pandemia da Covid. Unha doenza da que se contaxiou o propio antropólogo e que lle complicou outra enfermidade que arrastraba e que acabou coa súa vida en xullo de 2023.

Canda esta exposición haberá dúas conferencias: “A pegada de Brandâo en Brión”, por Amancio Liñares Giraut, e “Carlos Rodrigues Brandâo, a partilha da vida”, por Iván Vilela, prestixioso musicólogo e intérprete de música brasileira de xira por Europa. O acto rematará cunha actuación musical a cargo do propio Iván Vilela e Pablo Castaño, con viola caipira e saxo. A entrada é totalmente libre e de balde ata completar aforo.

A figura de Brandâo

Carlos Rodrigues Brandâo foi un prestixioso profesor da Universidade de Campinas, no estado brasileiro de São Paulo. Dende o seu campo de investigación da cultura rural, realizou importantes achegas e deixou escritos máis dun cento de libros de investigación antropolóxica, educación, arte, medio ambiente, poesía, literatura infantil… O seu libro titulado O que é a educaçâo coñeceu moitas ducias de edicións tanto en portugués como en español.

En 1992 pasou catro meses na parroquia de Ons realizando investigación antropolóxica sobre a vida na Galicia rural, estadía que había de repetir varias veces en anos sucesivos. Destas xeiras saíron varios libros, algúns publicados (Aldeas, A senda da estrela, O corpo cuberto de cores, O caminho da estrela…). Quedan sen editar preto dunha ducia de títulos relacionados con Galicia. Entre eles, o máis importante e o verdadeiro traballo de investigación antropolóxica do mundo rural galego é A crônica de Ons. Tamén sen publicar, e tendo a Galicia como obxecto, quedaron: Com o sol de outono sobre os hombros, O caminho do fim do mundo, Uma estrela, un caminho, un peregrino, Breviârio do Norte, Vida peregrina – trilhas derivas travessias, Aldeas da Amahia, Festa Galega, Diário de Galicia, O sexto sol. Na biblioteca municipal de Brión deixou tamén os negativos das fotografías que fora tirando durante a súa investigación antropolóxica en Galicia.

Relacionadas

Así de espectacular será este ano o Nadal en Carballo!

0
A carpa da Praza do Concello será “o centro neurálxico” do programa, que tamén encherá de actividade o Pazo da Cultura, o Fórum, as...

Inés Rey reclama un maior recoñecemento ás mulleres no eido gastronómico na presentación de...

0
A alcaldesa participou no acto de presentación do libro de Xavier Castro A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde o acto de presentación do libro...

Oito locais de hostalaría da Coruña optan á mellor tapa da cidade a través...

0
O xurado profesional seleccionou as creacións de oito locais, dun total de 44 participantes, con dez tapas elixidas para ser finalistas: cinco na modalidade...

O concello dá a benvida ao Nadal este xovés ás 18:30 horas co acendido...

0
Tamén se presenta a programación cultural municipal para as festas, que contará con moitas iniciativas para o público infantil e familiar. O Nadal chegará este...

Cinco Équidos habitarán o Castro de Montes Claros para realizar o control ecolóxico e...

0
A iniciativa é impulsada polo Concello coa colaboración da Asociación Pura Raza Cabalo Galego e Poni Club Galicia. Desde este mediodía o recinto do Castro...

Neda recibe este mércores a visita dun dos ‘foodtruck’ da campaña GALICIA SABE AMAR

0
Neda recibirá este mércores a visita dun dos foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR, destinada a promocionar os produtos do mar de Galicia, e...

Publicacións Relacionadas