O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, participou este xoves no acto de inauguración do novo Centro Integral de Saúde de Lalín e comarca do Deza que presidiu o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda. O mandatario provincial estivo presente no edificio sanitario situado no Alto de Vales, un centro de referencia para prestar a mellor atención sanitaria á poboación do interior da provincia.