Home A Coruña O Concello de Ponteceso finaliza as obras de mellora no Centro social...

O Concello de Ponteceso finaliza as obras de mellora no Centro social de Anllóns

- Anuncio -

 Os traballos foron financiados grazas a unha subvención da Xunta de Galicia.

O Concello de Ponteceso informa que xa están finalizadas as obras de mellora no Centro social de Anllóns, actuación que foi financiada grazas a unha subvención da Xunta de Galicia a través do Fondo de Compensación Ambiental. Estas intervencións, cun orzamento total de 34.121,06 euros, comezaron o pasado 20 de xullo e xa están rematadas.

As melloras realizadas incluíron o reacondicionado integral tanto do interior como do exterior do edificio, o que permitirá ofrecer un espazo máis moderno, accesible e cómodo para todos os veciños e veciñas da parroquia de Anllóns. Con esta intervención, o Centro social estará mellor preparado para acoller actividades de todo tipo, dende reunións e obradoiros ata eventos culturais e sociais.
O alcalde de Ponteceso, José Manuel Mato, destacou que “estas obras supoñen un importante avance para a parroquia de Anllóns, xa que melloran a calidade de vida dos seus habitantes ao contar con espazos renovados e adaptados para todos os públicos. O Centro social é un punto de encontro fundamental para a nosa veciñanza, e agora poderán desfrutar dun lugar mellorado que estará ao servizo de todos”.

Ademais, o reacondicionamento do centro contribuirá a dinamizar a vida social da parroquia, impulsando actividades que favorezan o desenvolvemento cultural e o lecer activo. Este tipo de melloras tamén reflicten o compromiso do Concello de Ponteceso coa sustentabilidade e co aproveitamento eficiente dos recursos públicos, garantindo infraestruturas renovadas e sostibles.
O Concello de Ponteceso tamén anuncia que nos vindeiros días se fará pública a programación das actividades que se desenvolverán neste Centro social, así como as actividades previstas para o resto das parroquias, co obxectivo de dar vida a estes espazos e promover a participación da comunidade.

Relacionadas

Así de espectacular será este ano o Nadal en Carballo!

0
A carpa da Praza do Concello será “o centro neurálxico” do programa, que tamén encherá de actividade o Pazo da Cultura, o Fórum, as...

Inés Rey reclama un maior recoñecemento ás mulleres no eido gastronómico na presentación de...

0
A alcaldesa participou no acto de presentación do libro de Xavier Castro A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde o acto de presentación do libro...

Oito locais de hostalaría da Coruña optan á mellor tapa da cidade a través...

0
O xurado profesional seleccionou as creacións de oito locais, dun total de 44 participantes, con dez tapas elixidas para ser finalistas: cinco na modalidade...

O concello dá a benvida ao Nadal este xovés ás 18:30 horas co acendido...

0
Tamén se presenta a programación cultural municipal para as festas, que contará con moitas iniciativas para o público infantil e familiar. O Nadal chegará este...

Cinco Équidos habitarán o Castro de Montes Claros para realizar o control ecolóxico e...

0
A iniciativa é impulsada polo Concello coa colaboración da Asociación Pura Raza Cabalo Galego e Poni Club Galicia. Desde este mediodía o recinto do Castro...

Neda recibe este mércores a visita dun dos ‘foodtruck’ da campaña GALICIA SABE AMAR

0
Neda recibirá este mércores a visita dun dos foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR, destinada a promocionar os produtos do mar de Galicia, e...

Publicacións Relacionadas