Home Pontevedra Caldas Máis de 350 persoas participaron na 31ªedición do Xantar da 3ª Idade...

Máis de 350 persoas participaron na 31ªedición do Xantar da 3ª Idade de Portas

- Anuncio -

O alcalde Ricardo Martínez, a deputada provincial Isabel Couselo e o xerente do Consorcio de Igualdade e Benestar da Xunta, Perfecto Rodríguez, agradeceron aos maiores a súa presenza e ensalzaron o seu exemplo vital

Máis de 350 persoas participaron na 31ª edición do Xantar da Terceira Idade organizado polo Concello de Portas que tivo lugar no pavillón municipal de deportes da Rapeira. O acto contou coa presenza do alcalde, Ricardo Martínez, a deputada provincial Isabel Couselo e o xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, así como membros da Corporación Municipal entre os que estaban as concelleiras Chus Fontán, Ana Peña e o tenente de alcalde Alfonso Vázquez.

En torno ás 12:30 horas, do mediodía, a Banda de Música de Lantaño foi a encargada de abrir o evento e de ir entretendo ás persoas que ían chegando para asistir á misa de campaña oficiada, ás 13 horas, polo cura párroco D. Luís quen aproveitou a ocasión para ensalzar a figura da Virxe do Pilar, patroa da Garda Civil, e tamén para poñer en valor o Día da Hispanidade.

Posteriormente, a Banda de Música de Lantaño ofreceu un concerto que serviu de entretemento para as persoa que se foron achegando para poder entrar no pavillón municipal de deportes, lugar habilitado e especialmente decorado para a ocasión polas concelleiras Chus Fontán e Ana Peña que recibiron os parabéns do alcalde e do público presente no Xantar.

O tenente de alcalde, Alfonso Vázquez, foi o encargado de dar a benvida aos comensais e tamén ir presentando aos distintos representantes das administracións públicas que estaban presentes. O primeiro en intervir foi o xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, quen lle trasladou aos presentes un agarimoso saúdo do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e da conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola Garcia. Rodríguez felicitou ao alcalde e ao Concello de Portas por seguir mantendo esta xuntanza que, dixo, sirve de homenaxe ás persoas maiores e que representa un acto de recoñecemento ao seu labor, traballo e sacrificio.

Posteriormente interviu a deputada provincial Isabel Couselo quen en nome do presidente da Deputación de Pontevedra, Luís López, agradeceu a invitación e salientou a importancia deste tipo de actos que facilitan o reencontro veciñal e son un recoñecemento moral ao esforzo e ao traballo que as persoas maiores fixeron ao longo da súa existencia para que as novas xeracións poideran ter unha mellor calidade de vida.

Remataron as intervencións oficiais coas palabras de agradecemento do alcalde de Portas, Ricardo Martínez, aos organizadores do evento, especialmente ás concelleiras Chus Fontán e Ana Peña, responsables da coordinación e da decoración do evento. Tamén extendeu o seu agradecemento aos membros de Protección Civil de Portas que colaboran activamente para que este tipo de eventos resulten todo un éxito.

Ricardo Martínez agradeceu a presenza dos máis de 350 comensais que, nesta ocasión, tiveron que abonar 10 euros por prato, e dixo de todos eles que eran “un exemplo vital da cultura do esforzo e do sacrificio. Grazas a todos vós somos o que somos e seguimos avanzando con orgullo polo futuro de Portas”, sinalou o alcalde.

A sobremesa completouse cunha gran queimada realizada por Ramón e a animación musical a cargo do Trío Azabache e o sorteo entre os asistentes de 5 cestas con produtos galegos de calidade. Ademais o Concello fixo entrega a cada participante dun libro sobre Doña Concha, a primeira alcaldesa de Portas e de Galicia e quizais tamén de España e unha bolsa de tela de apoio ao comercio local.

Relacionadas

Tui será en 2026 a sede de Hispacon, o Congreso de Fantasía, Ciencia Ficción...

0
Será a cuarta cidade galega en acoller este evento que reunirá a nomes relevantes do xénero fantástico e que brindará múltiples actividades Tui será a...

A rapazada de Redondela plasma as súas reivindicacións no Pleno Infantil

0
O auditorio do Xunqueira acolleu esta mañá a celebración dun pleno infantil no que participaron alumnos e alumnas dos centros de primaria e secundaria...

Ponteareas celebra o seu pleno infantil

0
Na semana na que celebramos o Día Mundial da Infancia o Concello de Ponteareas celebra o seu pleno infantil no que escoitar e recoller...

Luis López presume en Marín “dunha provincia extraordinaria, chea de xente extraordinaria” na entrega...

0
O presidente provincial destacou a calidade do sector hostaleiro da provincia, da beleza paisaxística das Rías Baixas e do talento dos pontevedreses e pontevedresas...

Unanimidade en Salceda ante o proxecto de saneamento da parroquia de Entenza proposto polo...

0
O Pleno aproba o proxecto por valor de 856.850,01 € para dar servizo a 115 vivendasO Goberno presenta o proxecto no Plan Provincia extraordinaria...

O concello presenta o seu espazo de conciliación para este Nadal

0
Este ano haberá 4 horarios para conciliar nas vacacións de Nadal, dende o 23 de decembro ao 3 de xaneiro. Trátase dun espazo de...

Publicacións Relacionadas