Home Pontevedra A Paradanta A Deputación de Pontevedra incorporará as demandas do Concello de Crecente no...

A Deputación de Pontevedra incorporará as demandas do Concello de Crecente no proxecto de mellora da estrada provincial EP-5005 A Cañiza-Pousa ao seu paso polo núcleo urbano da vila

- Anuncio -

A deputada provincial Isabel Couselo reuniuse co alcalde de Crecente, Julio César García-Luengo, para analizar as necesidades do goberno local en canto ao treito antigo desta estrada provincial no que está previsto que actúe a Deputación de Pontevedra

Está xa en fase de contratación a senda peonil de máis de 550 metros que se vai executar na mesma estrada provincial, cun investimento de 245.000 euros

A Deputación de Pontevedra incorporará as demandas do Concello de Crecente no proxecto de mellora da estrada provincial EP-5005 A Cañiza-Pousa ao seu paso polo núcleo urbano desta vila. A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, reuniuse co alcalde de Crecente, Julio César García-Luengo, para analizar as necesidades do goberno local en canto a un tramo de case 1.300 metros do treito antigo desta estrada provincial no que está previsto que actúe a Deputación de Pontevedra.

Nestes momentos o treito antigo da EP-5005 A Cañiza-Pousa presenta numerosas carencias en canto a seguridade e mobilidade. Deste xeito, tal e como asegurou a deputada provincial Isabel Couselo, “o proxecto que vai redactar a Deputación pretende corrixir esas deficiencias e deixar a estrada á altura das demandas do século XXI, para que Crecente poida ter unha vía accesible, renovada e con todas as garantías de seguridade e mobilidade”. Couselo tamén recordou que o proxecto de modernización da estrada provincial EP-5005 A Cañiza-Pousa ao seu paso por Crecente é unha das grandes prioridades do goberno local. Por estes motivos a xuntanza con García-Luengo serviu para detectar as demandas de mellora do concello para redactar un proxecto de actuación na estrada provincial que dea respostas ás necesidades da vila.

Ademais, na xuntanza, a deputada avanzou que está xa en fase de contratación a senda peonil de máis de 550 metros que se vai executar nesta mesma estrada provincial, cun investimento de 245.000 euros en colaboración co Concello de Crecente. Trátase dun proxecto de mellora da mobilidade peonil anunciado polo presidente da Deputación Luis López a finais de setembro e que ten xa os trámites administrativos en marcha para que o máis pronto posible poida realizarse esta actuación entre os puntos quilométricos 11+980 e 12+550, que unen as localidades de Ponte Ribadil e Crecente. Ademais da construción da senda peonil, de 2,5 metros de ancho pola marxe esquerda da vía, o proxecto contempla a instalación de pasos de peóns sobreelevados e a mellora da sinalización horizontal e vertical ao longo de todo o treito.

Relacionadas

A Deputación avanza nun proxecto piloto para revalorizar os residuos das viñas e reducir...

0
A comarca de Monterrei probará solucións a favor dunha viticultura rexenerativa, no marco dun proxecto cofinanciado con fondos europeos e liderado a través do...

O goberno provincial presenta na comisión de Facenda os orzamentos da Deputación para 2025,...

0
Por primeira vez na historia da institución supéranse os cen millóns de euros, cun incremento de 9.050.000 €, que supón un 9,42 % máis O...

O comité para desbloquear o transporte metropolitano avanza na reordenación dun mapa que dará...

0
Tralo terceiro encontro de traballo cos concellos da comarca de Ourense implicados no proceso, o presidente da Deputación, Luis Menor, afirmou que “imos no...

A Deputación promove coa Xunta un documental de 5 capítulos sobre Vicente Risco que...

0
Na presentación de “Os trazos de Risco participaron o director da Área de Cultura, Marcos Vázquez; o secretario xeral  de Política Lingüística, Valentín García,...

Luis López fai balance dos investimentos da Deputación no sur da provincia: 23 M€...

0
O presidente provincial, acompañado pola deputada Nava Castro, inicia en Ponteareas unha rolda de encontros informativos comarcais para repasar os proxectos e programas postos...

O PP insta o alcalde a solucionar os problemas de asfaltado e iluminación na...

0
• Juncal: “Co horario de inverno, é case imposible adestrar con seguridade a partir das 18.00 horas pola falta de luz e porque o...

Publicacións Relacionadas