O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, fixo entrega a ás comunidades de auga beneficiarias do Plan +Aqua das comarcas do Deza e Tabeirós-Terra de Montes dos documentos acreditativos destas axudas. Nesta área son 14 as entidades de catro concellos (Cerdedo-Cotobade, Forcarei, Lalín e Silleda) as que se benefician deste plan.
En total, as entidades reciben máis de 130.000 € para desenvolver proxectos relacionados coa mellora das infraestruturas e instalacións de auga comunitaria; implantación de sistemas de dixitalización e eficiencia enerxética que melloren a calidade da auga; a modernización dos sistemas de tratamento; a legalización das novas concesións ou renovación das existentes ou a mellora das captacións e sistemas de almacenamento.