Home Pontevedra A Lama A Deputación leva o programa +Escénicas ata A Lama coa obra teatral...

A Deputación leva o programa +Escénicas ata A Lama coa obra teatral “Máis Saaabor!” de Culturactiva Producións

- Anuncio -

A peza, para todos os públicos, poderá verse no Salón de Actos do CEIP A Lama o próximo venres 18 de outubro ás 11:00 horas

+Escénicas trátase dun novo programa da institución provincial, dotado con 150.000 euros, que espallará unha completa programación de teatro e danza en 49 concellos da provincia

A Deputación de Pontevedra leva o programa +Escénicas ata A Lama coa obra teatral “Máis Saaabor!” a cargo da compañía Culturactiva Producións. A peza, para todos os públicos, poderá verse no Salón de Actos do CEIP A Lama o próximo venres 18 de outubro ás 11:00 horas. +Escénicas trátase dun novo programa da institución provincial, dotado con 150.000 euros, que vai espallar unha completa programación de teatro e danza en 49 concellos da provincia ata marzo de 2025.

Culturactiva Producións é unha compañía e produtora cuxas señas de identidade son o humor e a versatilidade. Na Lama presentan o espectáculo “Máis Saaabor!”, unha proposta cómica, para público infantil e familiar, de creación propia en torno ao mundo da gastronomía e a alimentación saudable. A peza mestura música en directo, maxia, humor, moito ritmo e a participación do público.

Co circuíto +Escénicas, a Deputación busca dar resposta á demanda que o sector profesional ven facendo dende hai máis de 15 anos. Ao abeiro do programa a cada concello correspóndelle unha achega máxima de 3.400 euros e para a súa posta en marcha a institución provincial lanzou un amplo catálogo de espectáculos de danza e teatro que está dispoñible na páxina web da Deputación de Pontevedra.

Relacionadas

A Xunta comproba o avance das obras da nova residencia e centro de día...

0
O Goberno galego achegou máis de 130.000 euros ao soterramento da liña eléctrica que estaba instalada na parcela na que se constrúe o centro O...

Baiona mantén a súa Cabalgata o domingo pola tarde

0
O domingo 5 de xaneiro está previsto que as súas Maxestades os Reis Magos de Oriente visiten Baiona subidos nas súas maxestosas carrozas e...

A Deputación bota o peche do xogo de escapismo do Castelo de Soutomaior coas...

0
O xogo, para o que están á venda as entradas dos oito pases que se realizarán o sábado 11 e o domingo 12 de...

A Deputación acada en 2024 o maior dato en dez anos de visitas ás...

0
Increméntase o número de visitantes individuais, grupos e participantes en actividades, aínda que o dato global baixa debido ao peche das ruínas de San...

O Porriño prepárase para recibir ás súas Maxestades os Reis Magos de Oriente no...

0
● 120 personas acompañarán a Melchor, Gaspar e Baltasar a partir das 17:30 h no pavillón municipal ● Os Reis Magos chegarán no Tren do...

A Deputación mantén aberta a exposición “Cines de Pontevedra” en Vigo ata o próximo...

0
A mostra pode visitarse na sala Rosalía de Castro da sede viguesa da institución provincial e busca rememorar os recordos dos vellos cines e...

Publicacións Relacionadas