Free Porn
xbporn
Home Vigo Nigrán O alcalde de Nigrán supervisa en Mozambique os novos proxectos de cooperación...

O alcalde de Nigrán supervisa en Mozambique os novos proxectos de cooperación doo Fondo Galego de Cooperación

- Anuncio -

Juan González acude en calidade de presidente desta entidade supramunicipal xunto a representantes de As Neves e Viveiro co obxectivo de definir as futuras liñas de colaboración

O alcalde de Nigrán lidera desde onte en Mozambique a delegación do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade que está a supervisar neste país africano os proxectos alí apoiados. Juan González acude en calidade de presidente da entidade acompañado do tesoureiro e alcalde das Neves, José Manuel Alfonso, e mais a vogal e concelleira de Benestar Social en Viveiro, Lara Fernández, acompañados por unha responsable técnica. O obxectivo é trazar as liñas de colaboración para os próximos anos no país lusófono. A misión político-técnica coincide co ‘Día Internacional para a Erradicación da Pobreza’, que se conmemora hoxe xoves e que nesta ocasión se aliña co ODS 16: ‘Paz, xustiza e institucións sólidas’.

A axenda de traballo deu comezo este mesmo mércores cunha xuntanza coa Asociación Nacional de Municipios de Mozambique (ANAMM), socio local en 9 dos 24 proxectos de cooperación apoiados polo Fondo Galego desde 2001 no país, que supuxeron un investimento de máis de 535.000 euros. Ademais de abordar os principais retos que afrontan os concellos mozambicanos, a reunión permitiu deliñar o proxecto que se desenvolverá a partir de 2025 para fortalecer as finanzas municipais nos municipios de Manhiça e Namaacha.

Xa pola tarde, a comitiva desprazouse a Katembe, nos arredores de Maputo, para coñecer o centro de acollida de menores ‘Esperanza’ que, grazas aos 1.500 euros achegados polo Concello de Ames a través do Fondo Galego, se dotou dun galiñeiro e dunha horta cun triplo obxectivo: mellorar a alimentación da rapazada, ofrecerlle formación agropecuaria e vender os excedentes para sufragar as necesidades de alimentación, saúde e educación das crianzas. Así mesmo, o equipo directivo solicitou financiamento para arranxarlles os cuartos.

No día de hoxe, a delegación do Fondo Galego desprazarase cara o norte ata o municipio de Nhamayabue, onde dedicarán a xornada de mañá a supervisar o proxecto de abastecemento de auga -que supuxo construír catro pozos co fin de evitar os ataques dos crocodilos ao achegarse ao río para encher os bidóns-, e mais a perfilar o proxecto ‘Deporte e empoderamento’. Esta iniciativa xorde do programa de cooperación técnica ‘Especialistas en Cooperar’, que desde 2016 enviou xa unha decena de traballadoras e traballadores de deputacións e concellos socios do Fondo Galego a colaborar cos parceiros en Mozambique. Un deles foi o técnico de deportes de Lousame, Néstor Romero, cuxa experiencia culmina agora cunha proposta para seguir fomentando a práctica deportiva entre a xente nova como alternativa de ocio saudable, pero afondando tamén no enfoque de xénero. Deste xeito, ademais de continuar formando ao profesorado e organizando competicións, promoverase a creación de equipos femininos e a educación sexual nos adestramentos, co fin de reducir os embarazos adolescentes, que afectan a 166 de cada 1.000 rapazas de entre 15 e 19 anos (mesmo se calcula que unha de cada dez nenas deu a luz antes dos 15 anos).

Ata o seu regreso, marcado para o 23 de outubro, a delegación do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade entrevistaranse con outros concellos e entidades. Tal é o caso da Casa do Gaiato e a Fundação Encontro, coa que vén traballando desde hai case unha década para garantir os dereitos da infancia no rural, nomeadamente á saúde e á educación. Por outra banda, no municipio de Boane visitarán as catro vivendas resilientes construídas tras o paso de diversos ciclóns, cun investimento de 42.000 euros cofinanciado polo Fondo Galego e a Xunta de Galicia. Non hai que esquecer que Mozambique está considerado un dos países máis vulnerables perante o cambio climático.

A comitiva reunirase asemade cos alcaldes de Namaacha e Manhiça para abordar o proxecto de xestión e sustentabilidade financeira que se desenvolverá nos próximos catro anos, cunha subvención da Agencia Española de Cooperación Internacional al Desarrollo (AECID), achegada a través da Confederación de Fondos de Cooperación y Solidaridad. O primeiro paso será elaborar unha diagnose sobre o cobro de taxas municipais, para a partir de aí establecer recomendacións e ofrecer formación sobre os instrumentos a empregar, garantir unha recadación xusta e sensible ao xénero ou redactar as ordenanzas preceptivas. Este será un dos temas abordados na xuntanza final na oficina da propia AECID en Maputo.

Un dos países máis empobrecidos

Mozambique ten experimentado avances considerables desde os Acordos de Paz de 1992, pero o seu Índice de Desenvolvemento Humano (IDH) segue a ser un dos máis baixos do planeta, ao ocupar o posto 183 entre os 193 contemplados. A pobreza atinxe ao 74,5% da poboación, especialmente ás mulleres, mentres que a esperanza de vida se sitúa nos 60 anos. Os datos de alfabetización, mortalidade infantil e incidencia do VIH son tamén alarmantes. No entanto, trátase dun país cun gran potencial e existen iniciativas locais desde as que se loita cada día por reverter a situación, algunhas con colaboración internacional.

O Fondo Galego

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está integrado por 113 concellos e as deputacións de Pontevedra, A Coruña e Lugo, que concentran a través desta rede os seus esforzos no eido da cooperación ao desenvolvemento. Garántese deste xeito unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos con impacto nos países do Sur Global e a sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional. Recoñecido como axencia municipal da cooperación galega, o Fondo Galego vén de cumprir 27 anos tendo apoiado uns 200 proxectos en máis de trinta países e promovendo numerosas actividades e materiais en relación aos desequilibrios Norte-Sur e a Axenda 2030.

Relacionadas

A Deputación recibe a Héctor Abad Faciolince na antesala do encontro Pontevedra Literaria

0
A Deputación de Pontevedra recibiu este xoves a Héctor Abad Faciolince, un dos autores que encabezan o cartel do encontro Pontevedra Literaria. Xuventude e...

O concello de Nigrán ofrece o domingo o teatro inmersivo de pallasos en rebeldía...

0
Trátase dunha montaxe teatral plantexada como unha experiencia participativa que converte ao espectador nun refuxiado máis. A obra denuncia a traxedia que as políticas...

O BNG esixe unha actuación para acabar coa ‘Escombreira’ da parcela existente entre Progreso...

0
Os nacionalistas dan voz ás queixas de varios veciños e veciñas do casco urbán de Sanxenxo, que amosan a súa preocupación polo mal estado...

A Deputación supervisa os traballos de execución de cunetas de seguridade na estrada provincial...

0
A deputada Isabel Couselo recorreu esta actuación de seguridade viaria que se está a desenvolver nesta estrada provincial ao abeiro no acordo marco de...

O BNG de Vigo pide explicacións ao Goberno municipal polo atraso nas axudas de...

0
Denuncian que despois de máis dun mes de finalizado o prazo de solicitude das becas nada se sabe sobre a súa xestión A fronte nacionalista...

Redondela prepara un Samaín terrorificamente divertido

0
O Concello de Redondela prepara para o 31 de Outubro un amplo programa de actividades para todos os públicos con obradoiros de cabazas, maquillaxes...

Publicacións Relacionadas