Free Porn
xbporn
Home Vigo Nigrán O concello de Nigrán ofrece o domingo o teatro inmersivo de pallasos...

O concello de Nigrán ofrece o domingo o teatro inmersivo de pallasos en rebeldía ‘Vía Morta’

- Anuncio -

Trátase dunha montaxe teatral plantexada como unha experiencia participativa que converte ao espectador nun refuxiado máis. A obra denuncia a traxedia que as políticas migratorias da UE están a provocar. Un espectáculo único en Galicia, que non deixará indiferente ao público.

O Concello de Nigrán ofrece este domingo 20 de outubro ás 19:00 horas no Auditorio Municipal o espectáculo de teatro inmersivo ‘Vía Morta’, de Pallasos en Rebeldía. Trátase dunha montaxe plantexada como unha experiencia participativa que converte ao espectador nun refuxiado máis e que chega da man do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e Culturactiva, co apoio da Xunta.

O proxecto ‘Via Morta’ está baseado na experiencia directa de Pallasos en Rebeldía en campos de refuxiados en Grecia e Palestina. Cunha proposta inmersiva, non hai escenario nin sala de butacas: o teatro enteiro convértese nun campamento e o público asistente forma parte del. O obxectivo é achegar aos espectadores á dura realidade na que viven millóns de persoas en Europa, que ven vulnerados os seus dereitos máis básicos, así como a hipocrisía da política comunitaria, que incumpre toda a lexislación internacional na materia. Con texto de Carlos Olalla, dirección de Eva Egido e un elenco formado polos lugueses Iván Prado e Fran Rei, xunto con Anabell Gago e Rocío Salgado, esta obra está inspirada na experiencia da caravana de Pallasos en Rebeldía a Idomeni, na que o propio Iván Prado participou.

“O teatro non pode permanecer impasible ante a deliberada política de esquecemento á que as persoas refuxiadas son hoxe sometidas”, sinalan desde Pallasos en Rebeldía. Vía Morta é unha oportunidade para non deixar caer no esquecemento o drama das persoas refuxiadas ás que a Unión Europea lles pechas as portas, introducíndonos na súa realidade a través da arte. Un espectáculo único en Galicia, que non deixará indiferente ao público.

Relacionadas

A Deputación recibe a Héctor Abad Faciolince na antesala do encontro Pontevedra Literaria

0
A Deputación de Pontevedra recibiu este xoves a Héctor Abad Faciolince, un dos autores que encabezan o cartel do encontro Pontevedra Literaria. Xuventude e...

O BNG esixe unha actuación para acabar coa ‘Escombreira’ da parcela existente entre Progreso...

0
Os nacionalistas dan voz ás queixas de varios veciños e veciñas do casco urbán de Sanxenxo, que amosan a súa preocupación polo mal estado...

O alcalde de Nigrán supervisa en Mozambique os novos proxectos de cooperación doo Fondo...

0
Juan González acude en calidade de presidente desta entidade supramunicipal xunto a representantes de As Neves e Viveiro co obxectivo de definir as futuras...

A Deputación supervisa os traballos de execución de cunetas de seguridade na estrada provincial...

0
A deputada Isabel Couselo recorreu esta actuación de seguridade viaria que se está a desenvolver nesta estrada provincial ao abeiro no acordo marco de...

O BNG de Vigo pide explicacións ao Goberno municipal polo atraso nas axudas de...

0
Denuncian que despois de máis dun mes de finalizado o prazo de solicitude das becas nada se sabe sobre a súa xestión A fronte nacionalista...

Redondela prepara un Samaín terrorificamente divertido

0
O Concello de Redondela prepara para o 31 de Outubro un amplo programa de actividades para todos os públicos con obradoiros de cabazas, maquillaxes...

Publicacións Relacionadas