Free Porn
xbporn
Home Deputacións Deputación Ourense O presidente da Deputación amosa o seu “orgullo” de que Ourense acolla...

O presidente da Deputación amosa o seu “orgullo” de que Ourense acolla a Xornada de Convivencia dos voluntario de Protección Civil, “a mellor de toda España”

- Anuncio -

O presidente provincial participou no acto inaugural desta VIII Xornada que reuniu en Ribadavia ao redor de 500 persoas pertencentes a 70 agrupacións de Galicia e con representación doutros puntos de España

Luis Menor lembrou que o apoio da Deputación é unha realidade que se reforzou coa “posta en marcha, por primeira vez, dunha nova liña de axudas para colaborar cos gastos de funcionamento”

O presidente provincial, Luis Menor, participou hoxe no acto inaugural da VIII Xornada de Convivencia das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil, que reuniu en Ribadavia ao redor de 500 persoas pertencentes a 70 agrupacións de Galicia.

Ademais de lembrar a época laboral na que estivo ao fronte das Emerxencias en Galicia, o presidente provincial quixo recalcar que esta xornada é “a mellor que hai en España”: tanto pola cantidade de xente que xunta e que está relacionada coas emerxencias, como pola calidade das actividades, da coordinación e dos lazos de convivencia que se fan entre os participantes.

Neste sentido, o presidente da Deputación dixo sentirse “orgullo” de que isto ocorra en Ourense e faga que esta provincia estea “extraordinariamente segura”. Este acto de apertura demostra o “poder que ten a organización para congregarnos a todos nós aquí” dando boa conta que esta Xornada está “arraigada na nosa sociedade”, dixo Luis Menor, quen comprometeu a súa “implicación persoal” para facer que esta xornada “non só se manteña, senón que se supere cada ano”.

Así mesmo, o presidente provincial dixo que esta xornada tamén permite que desde as administracións como desde a sociedade civil “se recoñeza o voso traballo e esforzo, que realizades a cambio do orgullo de axudar aos demais”. Un traballo, que como lembrou Luis Menor, é fundamental para poder acometer moitos dos operativos de emerxencias que acontecen no territorio.

Por elo, desde as administracións “debemos estar á altura dese traballo, como así o fai a Xunta, xa que a Comunidade de Galicia é a que máis colabora coas Agrupacións de Protección Civil”. E, ao fío dese compromiso das administracións, Luis Menor lembrou que o apoio da Deputación é unha realidade que se reforzou coa “posta en marcha, por primeira vez, dunha nova liña de axudas para colaborar cos gastos de funcionamento”.

A apertura das xornadas foi na Casa da Cultura de Ribadavia, onde tamén se deron cita o conselleiro de Presidencia, Diego Calvo; os alcaldes de Ribadavia e de Cortegada, César Fernández e Avelino Luis de Francisco, respectivamente; o director xeral de Emerxencias da Xunta, Santiago Villanueva; o delegado en Ourense, Manuel Pardo; e o presidente da asociación de Agrupacións de Protección Civil de Ourense, Clemente Pérez.

Relacionadas

Luis López anuncia unha suba do 40%, ata os 350.000€, das axudas a confrarías...

0
O presidente provincial adianta este acordo nun encontro coa Federación Provincial de Confrarías para asinar convenio de colaboración para a prevención de riscos laborais O...

A Deputación pon á disposición dos concellos da provincia os 8 millóns de euros...

0
As bases da convocatoria publicáronse este martes no Boletín Oficial da Provincia e os concellos beneficiarios teñen un prazo de 3 meses a partir...

A Deputación abre o prazo para que os concellos de menos de 50.000 habitantes...

0
O prazo para presentar solicitudes estará aberto durante un mes e permitirá aos concellos levar a cabo actuacións de construción ou mellora de infraestruturas...

A Deputación recibe en Areeiro a investigadores portugueses que están a afondar xunto coa...

0
O deputado da Estación Fitopatolóxica Areeiro, Javier Tourís, recibiu á delegación do Instituto Politécnico de Leiria que acudiu ao centro provincial con mostras para...

Teletransporte contra a discriminación: COGAMI e as súas entidades membro denuncian a falta de...

0
COGAMI, en colaboración coas súas entidades membro, celebrou unha concentración simultánea en diversas localidades galegas para visibilizar a falta de transporte adaptado. Baixo o...

A vicepresidenta Luisa Sánchez remarca “o valor da provincia como escenario de grandes eventos...

0
A vicepresidenta e deputada de Deportes da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou hoxe no Real Club Náutico de Vigo na presentación do Meeting...

Publicacións Relacionadas