Home A Coruña Sara Martínez Bello recibe o premio de poesía Filomena Dato polo seu...

Sara Martínez Bello recibe o premio de poesía Filomena Dato polo seu poemario ‘Eira’

- Anuncio -

· O acto tivo lugar na Senra e durante o mesmo tamén se presentou impresa a obra gañadora do pasado ano, ‘Papaventos abismados’, asinada por Marta Dacosta.

· O premio ten unha dotación económica de 2.500 euros, así como a publicación do poemario na editorial Apiario.

A Senra acolleu hoxe o acto de entrega do premio do V Premio de Poesía Filomena Dato, que organiza o Concello de Bergondo. Sara Martínez Bello é a autora premiada nesta ocasión con ‘Eira’. Durante o acto tamén se procedeu á presentación da obra gañadora o ano pasado xa editada, trátase de ‘Papaventos abismados’, de Marta Dacosta.

Ademais das autoras, o acto contou coa presenza de representantes da corporación municipal, incluídas a concelleira responsable da área de cultura, Patricia Vázquez, e a alcaldesa, Alejandra Pérez, así como as dúas persoas encargadas da edición por parte de Apiario, Antía Otero e Dores Tembrás.

O xurado valorou do texto “lectura que sostén o interese da lectora de comezo a fin, polo traballo coa memoria apoiándose na presenza do sensorial sen caer en tópicos e revelando conceptos como a violencia contida e a dignidade do común, o desenvolvemento dunha psicoxeografía propia, o uso coidado da linguaxe”.

O premio ten unha dotación económica de 2.500 euros. A maiores, o poemario gañador pasará a ser publicado pola editorial Apiario nunha das súas coleccións de poesía. Apiario é a encargada de coordinar este concurso de poesía e tamén levará a cabo a publicación da obra gañadora asumindo todo o proceso: deseño, imprenta, distribución e promoción.

Con este galardón, o Concello de Bergondo contribúe a aumentar a nómina de certames que impulsan a creación poética en galego, así como a rescatar do esquecemento a figura dunha muller fundamental e pouco coñecida dentro do movemento literario do Rexurdimento: Filomena Dato Muruais (1865-1926).

Relacionadas

Así de espectacular será este ano o Nadal en Carballo!

0
A carpa da Praza do Concello será “o centro neurálxico” do programa, que tamén encherá de actividade o Pazo da Cultura, o Fórum, as...

Inés Rey reclama un maior recoñecemento ás mulleres no eido gastronómico na presentación de...

0
A alcaldesa participou no acto de presentación do libro de Xavier Castro A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde o acto de presentación do libro...

Oito locais de hostalaría da Coruña optan á mellor tapa da cidade a través...

0
O xurado profesional seleccionou as creacións de oito locais, dun total de 44 participantes, con dez tapas elixidas para ser finalistas: cinco na modalidade...

O concello dá a benvida ao Nadal este xovés ás 18:30 horas co acendido...

0
Tamén se presenta a programación cultural municipal para as festas, que contará con moitas iniciativas para o público infantil e familiar. O Nadal chegará este...

Cinco Équidos habitarán o Castro de Montes Claros para realizar o control ecolóxico e...

0
A iniciativa é impulsada polo Concello coa colaboración da Asociación Pura Raza Cabalo Galego e Poni Club Galicia. Desde este mediodía o recinto do Castro...

Neda recibe este mércores a visita dun dos ‘foodtruck’ da campaña GALICIA SABE AMAR

0
Neda recibirá este mércores a visita dun dos foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR, destinada a promocionar os produtos do mar de Galicia, e...

Publicacións Relacionadas