Home Tabeirós A Estrada Estudantes de FP de seis centros galegos participan nunha Competición Nacional de...

Estudantes de FP de seis centros galegos participan nunha Competición Nacional de vehículos eléctricos fabricados por eles mesmos

- Anuncio -
  • O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, e o conselleiro de Cultura, José López Campos, asisten a esta proba na Estrada, unha das sedes do circuíto Green Power
  • Compiten centros de Sanxenxo, As Pontes, Viveiro, Ribadavia, Pontevedra e Ribeira, coordinados polo Centro Galego da Innovación da FP Eduardo Barreiros

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, e o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, asistiron hoxe na Estrada á I Carreira Urbana A Estrada-Green Power de vehículos eléctricos na que participan estudantes de FP de seis centros da Comunidade con coches deseñados e fabricados por eles mesmos a través dun proxecto de innovación financiado pola Xunta e coordinado polo Centro Galego de Innovación da FP.

Trátase dos institutos IES de Vilalonga (Sanxenxo), Castro da Uz (As Pontes), María Sarmiento (Viveiro) e O Ribeiro (Ribadavia) e dos centros integrados de FP A Xunqueira (Pontevedra) e Coroso (Ribeira). Xunto con eles tamén participa un equipo da Universidade da Coruña, dous equipos de Cantabria e outro procedente de Asturias.

Os estudantes galegos chegan á cita grazas ao proxecto e-mobilidade STEM na FP, que foi premiado con 27.000€ na última convocatoria de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da FP que impulsa anualmente o Goberno galego. Neste proxecto participan un total de 14 centros de Formación Profesional galega baixo a coordinación do Instituto IES de Ordes.

A cita ofrece aos estudantes a oportunidade de exercer de deseñadores, mecánicos e pilotos. Así mesmo, asumen todas as tarefas de xestión dun equipo de competición, incluídas a administración de contas, márketing, difusión en redes sociais e xestión web.

Habilidades técnicas e espírito emprendedor

Os conselleiros destacaron a importancia deste evento como un proxecto de desenvolvemento integral do alumno, que ten que demostrar as súas habilidades técnicas ao tempo que se promove o espírito emprendedor, a creatividade e a conciencia ambiental. Aínda que a familia profesional directamente implicada é a de Automoción, ao tratarse dun proxecto disciplinar, tamén participan o resto das familias e profesorado doutros departamentos como o de debuxo para colaborar no deseño, de carpintaría que nalgúns casos fabricaron pezas para os chasis dos coches, ou de electricidade, entre outros.

O Centro Galego da Innovación da FP Eduardo Barreiros, con sede en Ourense, axuda aos alumnos participantes a desenvolver o proxecto, mellorando o deseño e a eficiencia dos coches e colaborando coa organización das probas para que os centros poidan testar os vehículos e implementar as melloras necesarias. Non en balde, un dos proxectos de innovación aplicada no que traballa o Eduardo Barreiros é o desenvolvemento de solucións tecnolóxicas para a recarga das baterías dos vehículos eléctricos.

A proba que acolle hoxe A Estrada forma parte do circuíto nacional Fórmula 24+, integrado no proxecto educativo GreenPower Iberia, que busca que o alumnado desenvolva competencias profesionais a través da enxeñería e a xestión de proxectos, participando en eventos organizados en diferentes categorías segundo as idades.

Relacionadas

A Xunta lanzará unha app móbil que permitirá á cidadanía autovaliar as súas competencias...

0
― Trátase dunha das novas accións ás que o Goberno galego destinará 1M€ no 2025 para impulsar a ferramenta EMi e estará destinada sobre...

A Xunta pon de relevo nos XIII Premios de AJE Ourense a estratexia de...

0
― O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a directora-xerente de...

A Xunta impulsa medidas pioneras para a retencion e a atracción de talento para...

0
— José González destaca a fortaleza, a perseveranza e o compromiso desta entidade ao longo do seu case medio século de traxectoria, poñéndoa en...

Tui será en 2026 a sede de Hispacon, o Congreso de Fantasía, Ciencia Ficción...

0
Será a cuarta cidade galega en acoller este evento que reunirá a nomes relevantes do xénero fantástico e que brindará múltiples actividades Tui será a...

A rapazada de Redondela plasma as súas reivindicacións no Pleno Infantil

0
O auditorio do Xunqueira acolleu esta mañá a celebración dun pleno infantil no que participaron alumnos e alumnas dos centros de primaria e secundaria...

Ponteareas celebra o seu pleno infantil

0
Na semana na que celebramos o Día Mundial da Infancia o Concello de Ponteareas celebra o seu pleno infantil no que escoitar e recoller...

Publicacións Relacionadas