Free Porn
xbporn
Home Ourense O alcalde recibe o demógrafo Michel Poulain e o grupo de investigación...

O alcalde recibe o demógrafo Michel Poulain e o grupo de investigación da Sociedade de Xerontoloxía que estuda a extrema lonxevidade de Ourense e Galicia

- Anuncio -

O proxecto pretende acreditar a comunidade autónoma como unhas das rexións con maior esperanza de vida do mundo

O Concello colabora con esta iniciativa e co congreso internacional de lonxevidade que se desenvolverá no mes de maio na cidade

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome recibiu esta mañá no Concello o demógrafo Michel Poulain, a súa colaboradora Ana Canelada, o presidente, José María Faílde, e a secretaria, María Dapía, da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría. Polain, un dos maiores expertos a nivel mundial na lonxevidade da poboación, visita a cidade no marco do proxecto Galicia Blue Zone, promovido pola Xunta de Galicia, a Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría e a Universidade de Vigo. Esta é unha iniciativa que ten como obxectivo que Galicia se converta na primeira rexión española, e na sexta do mundo, en contar cunha Blue Zone (Zona Azul), a distinción que un comité científico internacional outorga aos territorios con maior esperanza de vida.

Nunha primeira fase dos traballos, o grupo de investigación detectou 66 zonas de extrema lonxevidade en Galicia, entre as que se atopa Ourense, un municipio que ademais presenta a particularidade de tratarse dunha zona urbana, cando esta clase de zonas adoitan ser rurais.

Galicia, segundo os datos do padrón de habitantes, tiña no ano 2022 un total de 2.039 persoas centenarias, o que equivale a unha taxa de 75,79 persoas centenarias por cada 100.000 habitantes. Estas cifras convértena nunha das comunidades autónomas con maior concentración de persoas que supera os 100 anos. Ademais, hai rexións no interior galego con taxas que se atopan entre as máis elevadas a nivel mundial, similares ou superiores aos rexistrados nas denominadas blue zones. Ata o momento, foron documentadas cientificamente como zonas azuis a illa de Okinawa en Xapón, Martinica (Francia), a illa de Ikaria en Grecia, a zona montañosa da illa de Sardeña en Italia e a península de Nicoya en Costa Rica).

O Concello colabora con este proxecto e achegará ao grupo de investigación información estatística sobre a lonxevidade en Ourense. O Concello tamén colaborará no congreso internacional de xeriatría e xerontoloxía que se desenvolverá na cidade no mes de maio.

Relacionadas

Teletransporte contra a discriminación: COGAMI e as súas entidades membro denuncian a falta de...

0
COGAMI, en colaboración coas súas entidades membro, celebrou unha concentración simultánea en diversas localidades galegas para visibilizar a falta de transporte adaptado. Baixo o...

A execución do novo edificio de Urxencias do Hospital de Verín “amosa o compromiso...

0
O presidente provincial, Luis Menor, valorou a importancia das melloras inauguradas hoxe e realizadas no Hospital de Verín, (posta en servizo do novo edificio...

Os membros de ADO preséntanlle a Luis Menor a súa nova equipación deportiva grazas...

0
O presidente provincial, Luis Menor, recibiu esta mañá aos membros da Asociación de Discapacitados de Ourense (ADO) nun encontro no que os rapaces e...

A Deputación colabora co equipo de Michel Poulain para explorar a posibilidade de que...

0
O presidente provincial, Luis Menor, mantivo un encontro co recoñecido demógrafo o Dr. Michel Poulain, profesor emérito da Universidade Católica de Lovaina (Bélxica) e...

Luis Menor referenda en Lobios a “clara vontade histórica” de colaboración transfronteiriza da Deputación...

0
O presidente provincial participou hoxe no Concello de Lobios no acto de recoñecemento de fronteiras e convivencia entre este municipio e as cámaras municipais...

Luis Menor referenda en Lobios a “clara vontade histórica” de colaboración transfronteiriza da Deputación...

0
O presidente provincial participou hoxe no Concello de Lobios no acto de recoñecemento de fronteiras e convivencia entre este municipio e as cámaras municipais...

Publicacións Relacionadas