Free Porn
xbporn
Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación destina máis de 73.000 euros para que 58 entidades de...

A Deputación destina máis de 73.000 euros para que 58 entidades de Vigo organicen actividades culturais

- Anuncio -

A vicepresidenta Luisa Sánchez reunise coa Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva de Cabral, que recibiu unha axuda de máis de 1.200 euros para realizar un intercambio cultural en Asturias

Ao abeiro desta liña de axudas 228 entidades da provincia de Pontevedra resultaron beneficiaras dos 300.000 euros de subvención cos que estaba dotada a convocatoria, un 20% máis que no 2023

A Deputación de Pontevedra aprobou destinar máis de 73.000 euros para que 58 entidades de Vigo organicen neste 2024 diferentes actividades culturais. En liñas xerais, esta liña de axudas beneficiou a 228 entidades da provincia de Pontevedra que recibiron por concorrencia competitiva un total de 300.000 euros no marco desta convocatoria. A vicepresidenta Luisa Sánchez así o anunciou coincidindo cunha visita á Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva de Cabral que recibiu unha axuda de máis de 1.200 euros para realizar un intercambio cultural a Asturias.

A responsable provincial, que tivo a oportunidade de gozar dunha mostra de música a cargo de corais no marco do “Outono Cultural” que organiza a asociación veciñal de Cabral, aproveitou a ocasión para poñer en valor a aposta decidida da Deputación por dar un xiro ás políticas culturais na provincia en aras dunha maior transparencia e equidade. Neste sentido Luisa Sánchez recordou que este ano esta liña de axudas destinadas a promover actividades culturais medrou un 20% con respecto ao ano anterior, co obxectivo de “impulsar propostas que acheguen a todos os habitantes da provincia a cultura, porque o acceso á cultura debe ser universal”.

Deste xeito, a través desta liña de axudas provinciais distribuíronse 250.000 euros entre 188 asociacións de 44 concellos para organizar festivais, encontros, galas, mostras, festas e actividades para poñer en valor o patrimonio inmaterial da provincia no marco da súa liña 1. Ademais, tamén se aprobaron outros 50.000 euros para 40 asociacións de 19 concellos para participar en festivais, concertos, intercambios culturais ou encontros que se celebren fóra da Galicia, ao abeiro da liña 2 da convocatoria de axudas a actividades culturais da Deputación.

No caso concreto de Vigo, 46 entidades recibiron 60.211,62 euros da liña 1, con axudas que oscilan entre os 368 e os 2.500 euros para actividades como encontros de teatro, mostras de cine, festivais folclóricos, concursos de canto, festivais de danza e música, certames de cómic, concertos didácticos, certames de regueifas e de humor e, entre outras, mostras de oralidade ou improvisación. Pola súa banda, outras 12 entidades da cidade recibiron 12.871,24 euros da liña 2, con axudas que oscilan entre os 450 e os 1779 euros, para poder asistir a ciclos de música en Roma, desfiles en Portugal, participar en festivais de música en Chile, asistir a festivais folclóricos en Asturias, realizar intercambios culturais en Portugal, Oviedo, Bélxica, actuar en Madrid ou asistir a congresos en Cuba.

Relacionadas

Os concellos de Campo Lameiro e Cerdedo-Cotobade organizan conxuntamente o “II Trail do Cervo”...

0
Realizarase en colaboración coa Asociación O Eido do Cervo sobre dous trazados: un de 34 quilómetros, á Conla e outro de 18, ao Maneses. Os...

Xornada formativa sobre a Enfermidade Hemorráxica Epizoótica

0
Terá lugar mañá mércores día 23 ás 12:00 horas no auditorio municipal O Concello de Covelo informa da xornada informativa sobre Enfermidade Hermorráxica Epizoótica (EHE)...

O Museo Manuel Torres renova o sistema para colgar as obras e mellorar a...

0
A inversión, que ascendeu a 10.000 euros, procedeu dunha subvención da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades O Concello de Marín solicitou unha...

O Concello traballa en atopar financiación para os proxectos de saneamento e abastecemento de...

0
Entre ambas actuacións, precísase unha inversión de 1 millón de euros para dotar a 34 vivendas destes servizos básicos. Desde o Concello, aseguran que...

Sesión formativa gratuíta enmarcada no proxecto Alzheimer de Preto

0
O Concello de Mondariz informa que o venres 25 de outubro, de 16-20h., AFAMO (Asociación de Familiares de Persoas con Alzheimer do Morrazo) vai...

Luis López anuncia unha suba do 40%, ata os 350.000€, das axudas a confrarías...

0
O presidente provincial adianta este acordo nun encontro coa Federación Provincial de Confrarías para asinar convenio de colaboración para a prevención de riscos laborais O...

Publicacións Relacionadas