Free Porn
xbporn
Home Pontevedra O deputado autonómico Raúl Santamaría valora os orzamentos da Xunta no Salnés...

O deputado autonómico Raúl Santamaría valora os orzamentos da Xunta no Salnés centrados na educación, na sanidade e no medio ambiente

- Anuncio -

● Raúl Santamaría indicou que una vez máis os orzamentos da comunidade están aprobados en tempo e forma, e desta volta destinan 48M€ á comarca do Salnés e Ullán.

● Nas contas galegas, inclúense 2,1M€ para a ampliación do CIFP Fontecarmoa. a ampliación do CEIP Plurilíngue Arealonga, que contará con 640.000 €; a cuberta da pista do CEIP Sestelo-Baión, con 729.824€. O CEIP Rosalía de Castro, o CEIP Coirón-Dena e o CPI Julia Becerra, contarán cun orzamento de 300.000 euros para cada un deles.

● Nas contas galegas destaca a partida para o novo centro de sáude de Vilagarcía de Arousa, que conta cunha achega de 9,2 M€ e a adquisición de equipamento para o hospital do Salnés, con 800.000 €.

● O deputado autonómico agradeceu ao Goberno galego que siga tendo en conta a importancia que ten para a comarca a Ría de Arousa e destacou o importante investimento de 30M€ das arcas galegas para o saneamento da ría.

O deputado autonómico, Raúl Santamaría valora os orzamentos da Xunta no Salnés centrados na educación, na sanidade e no medio ambiente. “Un ano máis, o Goberno galego aproba os orzamentos en tempo e forma, e desta volta, destina á comarca do Salnés e do Ullán, maís de 48M€.

Raúl Santamaría agradeceu as múltiples partidas nos centros educativos da comarca, dos que destacou os 2,1 M para a ampliación do CIFP Fontecarmoa, a ampliación do CEIP Plurilíngue Arealonga,que contará con 640.000 €; a instalación dun ascensor no IES Carril, 169.000 €; a cuberta da pista do CEIP Sestelo-Baión, con 729.824; as obras no CEIP San Roque, 250.000 €, e as obras no CEIP de Portonovo, con 248.000 €.
Cambados contará con 850.000 € destinados á ampliación do CEIP San Tomé, e os concellos de O Grove, Meaño e Ribadumia, o CEIP Rosalía de Castro, o CEIP Coirón-Dena e o CPI Julia Becerra, contarán cun orzamento de 300.000 euros para cada un dos centros educativos.
Raúl Santamaría indicou tamén a importancia das obras e actuacións nos centros de saúde e no Hospital do Salnés; onde destaca a partida para o novo centro de saúde de Vilagarcía de Arousa, que conta cunha achega de 9,2 M€ para a súa construción; a adquisición de equipamento para o hospital do Salnés, con 800.000 €;
O deputado autonómico agradeceu ao Goberno galego que siga tendo en conta a importancia que ten para a comarca a Ría de Arousa e destacou o importante investimento de 30M€ das arcas galegas para o saneamento da ría.

Relacionadas

Os concellos de Campo Lameiro e Cerdedo-Cotobade organizan conxuntamente o “II Trail do Cervo”...

0
Realizarase en colaboración coa Asociación O Eido do Cervo sobre dous trazados: un de 34 quilómetros, á Conla e outro de 18, ao Maneses. Os...

Xornada formativa sobre a Enfermidade Hemorráxica Epizoótica

0
Terá lugar mañá mércores día 23 ás 12:00 horas no auditorio municipal O Concello de Covelo informa da xornada informativa sobre Enfermidade Hermorráxica Epizoótica (EHE)...

O Museo Manuel Torres renova o sistema para colgar as obras e mellorar a...

0
A inversión, que ascendeu a 10.000 euros, procedeu dunha subvención da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades O Concello de Marín solicitou unha...

O Concello traballa en atopar financiación para os proxectos de saneamento e abastecemento de...

0
Entre ambas actuacións, precísase unha inversión de 1 millón de euros para dotar a 34 vivendas destes servizos básicos. Desde o Concello, aseguran que...

Sesión formativa gratuíta enmarcada no proxecto Alzheimer de Preto

0
O Concello de Mondariz informa que o venres 25 de outubro, de 16-20h., AFAMO (Asociación de Familiares de Persoas con Alzheimer do Morrazo) vai...

Luis López anuncia unha suba do 40%, ata os 350.000€, das axudas a confrarías...

0
O presidente provincial adianta este acordo nun encontro coa Federación Provincial de Confrarías para asinar convenio de colaboración para a prevención de riscos laborais O...

Publicacións Relacionadas