Home Pontevedra O Salnés A agrupación socialista de Vilagarcía esixe ao PP que “cumpra coas demandas...

A agrupación socialista de Vilagarcía esixe ao PP que “cumpra coas demandas históricas aínda que sexa por casualidade” e anuncia emendas aos orzamentos

- Anuncio -

José Ramón Gómez Besteiro, secretario xeral do PSdeG, visitou a capital arousana para respaldar as reivindicacións e destacou a importancia de construír a estación intermodal “que debe ser eixo do transporte público de toda a comarca de Arousa”.


O alcalde Alberto Varela lembrou ao goberno autonómico que “xa anunciou alá en 2021 o inicio do proxecto” e apuntou que “cada día o PP nos sorprende con máis cinismo”.

Os/as socialistas de Vilagarcía reclamarán da Xunta de Galicia que a tramitación dos orzamentos de 2025 sexa útil para “cumprir coas demandas históricas” da cidade, cuestión que non se está vendo traducida na realidade. Esta reclamación ven dada polo que consideran un incumprimento sistemático, e así os socialistas demandan o cumprimento “aínda que sexa por casualidade”.
O secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, visitou ao Alcalde, grupo municipal e representantes da executiva local para respaldar as reivindicacións, e comprobou incluso en persoa a planificación que o goberno local mantén sobre a dinamización da zona e a optimización dos servizos de transporte público que permitiría a construción da intermodal en Vilagarcía, que é unha das reivindicacións principais. Gómez Besteiro apuntou que esta intervención permitiría “facilitar o transporte público para toda unha comarca como a de Arousa a través deste eixo, o que contribuiría a mellorar as posibilidades da xente da comarca para moverse internamente e para conectarse co tren”. Besteiro apelou a que “non ten sentido que sexa máis fácil chegar a Madrid en tren que ir e vir de Vilagarcía a O Grove por autobús”.
Na mesma liña o Alcalde Alberto Varela lembrou que “o PP xa prometeu en 2021 que este proxecto se iniciaba. E non se soubo nada máis”. E así sumouse a reivindicación de que “a intermodal é unha reivindicación, e a mellora do transporte comarcal é unha necesidade”. Varela puxo a intermodal como referencia das promesas incumpridas do PP, e apuntou ao PP local para que “volvan a reflexionar sobre a súa tendencia a defender antes ao seu partido que a Vilagarcía”. “Os orzamentos autonómicos volven a darnos esta oportunidade”, dixo ao sinalar que o centro de saúde da antiga comandancia tardou 11 anos en recoñecerse como necesario e aínda non empezou, a intermodal foi prometida e nunca se cumpriu e a ampliación do Pousadoiro é unha reclamación que non se vai resolver cunha partida simbólica nos orzamentos que, previsiblemente, non se vai cumprir.
Dende a agrupación socialista apuntan que xa están trasladadas ao grupo parlamentario as demandas da cidade para presentar emendas aos orzamentos. Entre elas está a estación intermodal, pero tamén demandarán partidas concretas para reformas de viais autonómicos como o tránsito entre Carril e Bamio, un compromiso real coa ampliación do polígono do Pousadoiro ou o financiamento para aumentar o Servizo de Axuda no Fogar.

Relacionadas

A Xunta comproba o avance das obras da nova residencia e centro de día...

0
O Goberno galego achegou máis de 130.000 euros ao soterramento da liña eléctrica que estaba instalada na parcela na que se constrúe o centro O...

Baiona mantén a súa Cabalgata o domingo pola tarde

0
O domingo 5 de xaneiro está previsto que as súas Maxestades os Reis Magos de Oriente visiten Baiona subidos nas súas maxestosas carrozas e...

A Deputación bota o peche do xogo de escapismo do Castelo de Soutomaior coas...

0
O xogo, para o que están á venda as entradas dos oito pases que se realizarán o sábado 11 e o domingo 12 de...

A Deputación acada en 2024 o maior dato en dez anos de visitas ás...

0
Increméntase o número de visitantes individuais, grupos e participantes en actividades, aínda que o dato global baixa debido ao peche das ruínas de San...

O Porriño prepárase para recibir ás súas Maxestades os Reis Magos de Oriente no...

0
● 120 personas acompañarán a Melchor, Gaspar e Baltasar a partir das 17:30 h no pavillón municipal ● Os Reis Magos chegarán no Tren do...

A Deputación mantén aberta a exposición “Cines de Pontevedra” en Vigo ata o próximo...

0
A mostra pode visitarse na sala Rosalía de Castro da sede viguesa da institución provincial e busca rememorar os recordos dos vellos cines e...

Publicacións Relacionadas