Home Pontevedra Baixo Miño A Radio Municipal de Tui amosa o seu recoñecemento a Jose Font...

A Radio Municipal de Tui amosa o seu recoñecemento a Jose Font por 32 anos ao fronte da emisora local

- Anuncio -

Onte conduciu o seu último Día a Día. Este xoves ás 20 h no Teatro Municipal haberá un programa especial en directo con público

Jose Font, director da Radio Municipal de Tui, xubílase tras conducir onte luns, 21 de outubro, o seu último programa da mañá, Día a Día, que leva case 30 anos en emisión. Jose Font foi o impulsor deste proxecto de comunicación en Tui, un traballo que comezou hai 33 anos durante as festas de San Telmo. En 1991, liderou o nacemento da Televisión Municipal de Tui, á que se sumaría a Radio un ano despois.

A Radio Municipal de Tui realizou as súas primeiras emisións en 1992, seguindo os pasos da Televisión Municipal, que nacera o ano anterior no marco da FAIM, Feira Agrícola e Industrial do Miño, grazas ao entusiasmo dun grupo de amigos encabezados por Jose Font. O éxito desa experiencia inicial levouno a presentar un proxecto para a creación da Radio Televisión Municipal de Tui, que foi ben acollido polo alcalde naquel momento Miguel Capón Rey. Pouco despois, comezaron os primeiros cursos de formación para profesionais da radio e televisión local, situándose as instalacións nas aulas do antigo instituto, hoxe edificio Francisco Sánchez, que acolleu a redacción, o plató de televisión e os estudios de radio.

Este proxecto continuou coas alcaldías de Antonio Fernández Rocha, Moisés Rodríguez Pérez, Carlos Vázquez Padín e Enrique Cabaleiro González. A Radio Municipal de Tui converteuse nun referente de información local rigorosa e comprometida. Todo isto, grazas ao traballo incansable de Jose Font e o equipo que dirixiu durante estas tres décadas. Baixo a súa dirección a Radio Municipal de Tui ten sido tamén unha escola para moitos profesionais da comunicación que ao longo de todos estes anos colaboraron, fixeron prácticas e traballaron na emisora tudense. Dende o primeiro momento o seu foi un compromiso inequívoco co local e o galego. Na despedida do programa confesaba que “non podo marchar da radio porque a radio é a miña vida. Aquí deixo o mellor que me pasou”. Tiña palabras de agradecemento para todo o equipo da radio pero tamén para todas as persoas que o escoitaban cada mañá”.

Este xoves, 24 de outubro, ás 20 h, a Radio Municipal de Tui emitirá un programa especial de Día a Día dende o Teatro Municipal, en recoñecemento ao labor de Jose Font. O evento, de entrada libre até completar aforo, será retransmitido en directo pola propia Radio Municipal de Tui. A apertura de portas será ás 19.30 h.

Relacionadas

Luis López cita un turismo sustentable, desestacionalizado e centrado no territorio como piares comúns...

0
O presidente provincial participa en Ribadumia na presentación do Plan Estratéxico de Turismo do Salnés que impulsa a Mancomunidade para o período 2024-2028 O presidente...

Coral Martínez imparte un obradoiro de debuxo en Tui dentro do programa Boas Vibes

0
Este sábado, 26 de outubro, de 10.30 a 13.30 h celebrarase na Sala Municipal de Exposicións un obradoiro de debuxo manga/cómic a cargo Coral...

O PP esixe o cumprimento do acordo plenario de 2023 para o arranxo e...

0
• Pardo: “Os nenos teñen dereito a xogar en plenas condicións de seguridade e salubridade, porque hai zonas infantís que se converteron no refuxio...

A ponte sobre o río Cotarel volve unir as parroquias de Randufe e Pazos...

0
A infraestrutura vírase afectada polas choivas de xaneiro de 2023. As obras, cun investimento superior aos 192 mil euros, recuperaron o trazado orixinal do...

A Deputación e a Ruta do Viño Rías Baixas aliaranse para potenciar o enoturismo...

0
O presidente provincial Luis López remarcou que a actividade, que terá lugar o domingo 10 de novembro e servirá para festexar o Día Mundial...

Manu Lourenzo, Carme da Silva e Uxío Benítez falarán este venres do novo modelo...

0
O alcalde de Soutomaior explicará a proposta do Goberno de Soutomaior para a humanización da N-550 ao seu paso por Arcade. O BNG de Soutomaior...

Publicacións Relacionadas