Free Porn
xbporn
Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación abre o prazo para que os concellos de menos de...

A Deputación abre o prazo para que os concellos de menos de 50.000 habitantes soliciten os 35 millóns do Plan Extra para executar proxectos estratéxicos

- Anuncio -

O prazo para presentar solicitudes estará aberto durante un mes e permitirá aos concellos levar a cabo actuacións de construción ou mellora de infraestruturas e servizos

A Deputación de Pontevedra abre mañá, 23 de outubro, o prazo para que os concellos presenten solicitudes para recibir subvencións ao abeiro do Plan Provincia Extraordinaria Plan Extra, dotado con 35 millóns de euros. Con estes recursos, que serán distribuídos por concorrencia competitiva, os municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia poderán impulsar novas infraestruturas públicas ou equipamentos, rehabilitar infraestruturas existentes, mellorar ou humanizar espazos públicos urbanos ou naturais, así como desenvolver actuacións que fomenten a recollida separada de residuos de orixe doméstica mediante a adquisición de vehículos, contedores ou outros elementos para cumprir coas obrigas da nova lei de residuos.

Ao abeiro do Plan Extra considéranse proxectos estratéxicos locais os investimentos que sexan fundamentais ou decisivos para a mellora, desenvolvemento ou modernización dos servizos; os que supoñan unha mellora relevante en canto ao equilibrio territorial na prestación dos servizos; aqueles que teñan unha repercusión relevante na prestación de servizos no ámbito superior ao municipal; os que estean previstos nun plan estratéxico ou nun documento de planificación; aqueles con transcendencia en sectores estratéxicos de ámbito local, supramunicipal ou comarcal que incentiven o desenvolvemento do territorio; os que redunden na capacidade do territorio para atraer e fixar poboación, e, por último, os que teñan un compoñente vertebrador dos territorios e para fomentar a igualdade de oportunidades entre o rural e urbano.

Neste sentido, cada Concello só poderá presentar un proxecto e, en función da súa poboación recibirá entre 0,5 e 1,1 millóns de euros. Así, os que teñan menos de 5.000 habitantes recibirán ata 500.000 euros, que servirán para financiar ata o 85 % do orzamento, mentres que o 15 % restante deberao achegar o Concello con fondos propios ou con recursos doutros plans da Deputación ou doutra administración. No caso dos concellos de entre 5.001 e 10.000 habitantes recibirán un máximo de 700.000 para financiar o 80 % do custo, os de 10.001 a 20.000 habitantes, ata 900.000 euros para o 75 % do importe total; e os de máis de 20.000 habitantes, ata 1,1 millóns de euros para o 70 % do investimento global.

O prazo de presentación das solicitudes, que abre mañá, é dun mes, e as bases poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Ademais, os investimentos deberán estar executados na súa totalidade o 31 de outubro de 2027 e as axudas son compatibles con outras subvencións, polo que os Concellos poderán contar con achegas doutras administracións sen que a contía do organismo provincial se vexa reducida.

Relacionadas

Os concellos de Campo Lameiro e Cerdedo-Cotobade organizan conxuntamente o “II Trail do Cervo”...

0
Realizarase en colaboración coa Asociación O Eido do Cervo sobre dous trazados: un de 34 quilómetros, á Conla e outro de 18, ao Maneses. Os...

Xornada formativa sobre a Enfermidade Hemorráxica Epizoótica

0
Terá lugar mañá mércores día 23 ás 12:00 horas no auditorio municipal O Concello de Covelo informa da xornada informativa sobre Enfermidade Hermorráxica Epizoótica (EHE)...

O Museo Manuel Torres renova o sistema para colgar as obras e mellorar a...

0
A inversión, que ascendeu a 10.000 euros, procedeu dunha subvención da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades O Concello de Marín solicitou unha...

O Concello traballa en atopar financiación para os proxectos de saneamento e abastecemento de...

0
Entre ambas actuacións, precísase unha inversión de 1 millón de euros para dotar a 34 vivendas destes servizos básicos. Desde o Concello, aseguran que...

Sesión formativa gratuíta enmarcada no proxecto Alzheimer de Preto

0
O Concello de Mondariz informa que o venres 25 de outubro, de 16-20h., AFAMO (Asociación de Familiares de Persoas con Alzheimer do Morrazo) vai...

Luis López anuncia unha suba do 40%, ata os 350.000€, das axudas a confrarías...

0
O presidente provincial adianta este acordo nun encontro coa Federación Provincial de Confrarías para asinar convenio de colaboración para a prevención de riscos laborais O...

Publicacións Relacionadas