Free Porn
xbporn
Home O Morrazo Marín O Concello traballa en atopar financiación para os proxectos de saneamento e...

O Concello traballa en atopar financiación para os proxectos de saneamento e abastecemento de Vistalegre-Coirados e de Cadro-Cadrelo

- Anuncio -

Entre ambas actuacións, precísase unha inversión de 1 millón de euros para dotar a 34 vivendas destes servizos básicos. Desde o Concello, aseguran que é “unha actuación prioritaria, por iso temos os proxectos listos e con todas as autorizacións sectoriais conseguidas”

O Concello de Marín está traballando en acadar a financiación precisa para executar dous proxectos de dotación de saneamento e abastecemento de auga á zona de Vistalegre-Coirados e á de Cadro-Cadrelo.

Tal e como explica o Goberno local, estes proxectos están madurados, listos e contan con todas as autorizacións pertinentes. Entre ambos, a inversión ascende a 1 millón de euros, para os que o Concello está tratando de acadar financiación externa.

No caso de Vistalegre-Coirados, o proxecto dotará de rede de abastecemento de auga e de saneamento a 20 vivendas que están na marxe dereita da PO-313. Esta canalización conectarase co novo colector que se está a renovar no Río Lameira, polo que non se poderá realizar ata que remate esta obra. Para ter aprobado este proxecto, foron precisas as autorizacións de Patrimonio, Estradas, Augas de Galicia e Industria, todas da Xunta de Galicia.

No que respecta a Cadro-Cadrelo, serán 14 vivendas beneficiadas. A actuación contempla a instalación da rede de saneamento e o abastecemento e a implantación dun bombeo de impulsión no caso do saneamento para poder salvar o desnivel existente na zona. Desta parte, foi preciso acadar a autorización de Patrimonio, Estradas e Augas de Galicia.
Ademais, dotarase ao lugar dunha senda peonil que conecte con toda a seguridade viaria os núcleos de Cadrelo e Silvestre con Cadro, completando un percorrido seguro e initerrompido desde Cadrelo ata o centro da vila e cumplindo así unha importante demanda da veciñanza.

O Concello asegura que realizar estes dous proxectos é “prioritario”, polo que seguiranse buscando posibles vías de financiación dos mesmos que permitan levalos adiante e seguir traballando na equidade entre o rural e o casco urbano en canto ao acceso aos servizos públicos.

Relacionadas

Os concellos de Campo Lameiro e Cerdedo-Cotobade organizan conxuntamente o “II Trail do Cervo”...

0
Realizarase en colaboración coa Asociación O Eido do Cervo sobre dous trazados: un de 34 quilómetros, á Conla e outro de 18, ao Maneses. Os...

Xornada formativa sobre a Enfermidade Hemorráxica Epizoótica

0
Terá lugar mañá mércores día 23 ás 12:00 horas no auditorio municipal O Concello de Covelo informa da xornada informativa sobre Enfermidade Hermorráxica Epizoótica (EHE)...

O Museo Manuel Torres renova o sistema para colgar as obras e mellorar a...

0
A inversión, que ascendeu a 10.000 euros, procedeu dunha subvención da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades O Concello de Marín solicitou unha...

Sesión formativa gratuíta enmarcada no proxecto Alzheimer de Preto

0
O Concello de Mondariz informa que o venres 25 de outubro, de 16-20h., AFAMO (Asociación de Familiares de Persoas con Alzheimer do Morrazo) vai...

Luis López anuncia unha suba do 40%, ata os 350.000€, das axudas a confrarías...

0
O presidente provincial adianta este acordo nun encontro coa Federación Provincial de Confrarías para asinar convenio de colaboración para a prevención de riscos laborais O...

A Deputación pon á disposición dos concellos da provincia os 8 millóns de euros...

0
As bases da convocatoria publicáronse este martes no Boletín Oficial da Provincia e os concellos beneficiarios teñen un prazo de 3 meses a partir...

Publicacións Relacionadas