Home Pontevedra Campo Lameiro Os concellos de Campo Lameiro e Cerdedo-Cotobade organizan conxuntamente o “II Trail...

Os concellos de Campo Lameiro e Cerdedo-Cotobade organizan conxuntamente o “II Trail do Cervo” que terá lugar o 1 de decembro

- Anuncio -

Realizarase en colaboración coa Asociación O Eido do Cervo sobre dous trazados: un de 34 quilómetros, á Conla e outro de 18, ao Maneses.

Os Concellos de Campo Lameiro e Cerdedo-Cotobade, en colaboración coa Asociación Eido do Cervo, organizarán para o vindeiro domingo 1 de decembro o “II Trail do Cervo”, segundo se acordou tras unha xuntanza de traballo na que asistiron os alcaldes de Campo Lameiro, Carlos Costa, e Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, e Xiana Fernández-Albor e Manu Torres Abal, pola entidade deportiva.

O II Trail do Cervo é unha proba deportiva de carreira por montaña tocando todo tipo de terreos sobre dúas distancias, unha de 34 quilómetros, á Conla e outra de 18 que terá como referencia a área recreativa fluvial do Maneses.

As saídas e a meta terán lugar na Praza do Concello de Campo Lameiro, comezando a proba longa ás 9:00 horas e a curta ás 09:30 horas para evitar aglomeracións na saída e que os participantes poidan manter unha distancia axeitada entre ámbalas dúas modalidades da proba.

Así, a primeira das modalidades, “Trail da Conla”, discurrirá sobre un trazado de 34 quilómetros con 1700+, unha proba de especial dificultade e preparada para os máis atrevidos. Esta proba pasará por paraxes tan emblemáticos do concello de Campo Lameiro como o Alto do Cádavo, o Alto da Conla, San Antonio de Penalba, a contorna do Parque Arqueolóxico, o monte e os regatos da Lamosa e de Painceiros, entre outros.

Tamén haberá outra modalidade, máis curta, o “Trail do Maneses”, cun percorrido de 18 quilómetros con 900+, unha proba sobre unha distancia máis curta pero tamén moi xeitosa e con certa dificultade. Pasará pola contorna do Parque Arqueolóxico, seguirá por Painceiros, subirá cara o campo de tiro da Armonda e baixará pola Muimenta cara o rego Maneses onde, unha vez alí, comezarán a subir cara a meta.

Para o desenrolo desta proba os concellos e a Asociación Eido do Cervo agradecen a colaboración dos veciños e comunidades de montes de A Lagoa, Praderrei, Fentáns, Parada, San Isidro, Quireza, Painceiros, Lamosa, Muimenta, Armonda e Castro de Orto, entre outras.

BELEZA PAISAXÍSTICA E DINAMIZACIÓN TURÍSTICA E ECONÓMICA

Esta carreira nace co obxetivo de dar a coñecer toda esta zona e de poñer en valor toda a riqueza natural e paisaxística que ten o concello de Campo Lameiro e de Cerdedo-Cotobade, unidos polo río Lérez como elemento que entrelaza a estas dúas poboacións do interior da provincia de Pontevedra.

Tanto Carlos Costa como Jorge Cubela salientaron a “importancia deste tipo de probas en contacto coa natureza e que van collendo cada vez máis forza e participación da xente á que lle gusta facer deporte ao tempo que percorren espazos naturais únicos como os que atesouramos en Campo Lameiro e Cerdedo-Cotobade. Todo isto unido á oferta gastronómica e hostaleira son elementos fundamentais para impulsar o territorio desde un punto de vista turístico e de dinamización económica”, sinalaron ámbolos dous rexidores.

Relacionadas

Tui aposta pola eficiencia enerxética renovando as luminarias dos accesos á cidade

0
Co cambio a led deixaranse de emitir 51,46 toneladas de CO2 O Concello de Tui vai proceder ao cambio das luminarias dos accesos á cidade...

O 53% do alumnado do Programa Integrado de Emprego de Ponteareas acadou a inserción...

0
• A Xunta destinou máis de dous millóns de euros en obradoiros e programas de inserción laboral • Cen persoas comezaron hoxe o segundo Programa...

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

Aberto o prazo para o Concurso de Escaparates de Nadal

0
A concellería de Comercio do Concello de Ponteareas informa que abre o prazo de inscrición para participar no Concurso de Escaparates de Nadal. Ata...

Mos, pioneiro en iniciativas culturais co seu novo Plan Estratéxico de Cultura 2025/2028

0
-          Trátase dun documento singular e insólito en municipios de 15.000 habitantes como o mosense -          O tecido asociativo cultural de Mos é vastísimo, cun total de 93 asociacións e grupos, que...

BlackBird Barber Concept brilla nos Premios SOYBARBUDO e fai historia na Barber League

0
A barbaría porriñesa fíxose con tres estrelas no reputado circuíto nacional SoyBarbudo, que destaca as mellores do paísIgor Drodzov alzouse co premio ao Mellor...

Publicacións Relacionadas