Home A Coruña O Concello de Cariño reúnese coa Xunta para explorar un proxecto para...

O Concello de Cariño reúnese coa Xunta para explorar un proxecto para realzar a contorna do río Sagrón

- Anuncio -

• A alcaldesa do municipio, Ana María López, reuniuse recentemente coa conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez.

• O proxecto incluiría un paseo fluvial na zona e a creación dunha área recreativa na contorna da ponte da Area.

A alcaldesa de Cariño, Ana María López, reuniuse recentemente coa conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, para explorar posibles colaboracións para realzar a contorna do río Sagrón, un dos obxectivos do executivo cariñés.

A rexedora trasladou á representante da Xunta de Galicia o interese do goberno local por desenvolver un paseo fluvial na contorna do río Sagrón, co fin de ofrecer aos veciños e veciñas un espazo de encontro e lecer que mellore a súa calidade de vida. Ademais, leste mesmo proxecto tamén contempla a creación dunha área recreativa na zona da ponte da Area que incluiría a súa recuperación.

Desta maneira, o Concello gañaría novos espazos para a veciñanza aproveitando os recursos naturais que ten ao seu alcance, poñendo en valor os seus recursos paisaxísticos á vez que se ampliarían as opcións de lecer e #gozar para os veciños e veciñas, polo que sería unha actuación moi beneficiosa para o municipio.
A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, trasladoulle á alcaldesa que existe a posibilidade de que esta actuación puidésese desenvolver coas axudas para os concellos en Rede Natura, xa que poderían optar a elas ao ter como finalidade o garantir a preservación da biodiversidade, potenciar os servizos ecosistémicos e conservar hábitats e paisaxes.

Relacionadas

Así de espectacular será este ano o Nadal en Carballo!

0
A carpa da Praza do Concello será “o centro neurálxico” do programa, que tamén encherá de actividade o Pazo da Cultura, o Fórum, as...

Inés Rey reclama un maior recoñecemento ás mulleres no eido gastronómico na presentación de...

0
A alcaldesa participou no acto de presentación do libro de Xavier Castro A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde o acto de presentación do libro...

Oito locais de hostalaría da Coruña optan á mellor tapa da cidade a través...

0
O xurado profesional seleccionou as creacións de oito locais, dun total de 44 participantes, con dez tapas elixidas para ser finalistas: cinco na modalidade...

O concello dá a benvida ao Nadal este xovés ás 18:30 horas co acendido...

0
Tamén se presenta a programación cultural municipal para as festas, que contará con moitas iniciativas para o público infantil e familiar. O Nadal chegará este...

Cinco Équidos habitarán o Castro de Montes Claros para realizar o control ecolóxico e...

0
A iniciativa é impulsada polo Concello coa colaboración da Asociación Pura Raza Cabalo Galego e Poni Club Galicia. Desde este mediodía o recinto do Castro...

Neda recibe este mércores a visita dun dos ‘foodtruck’ da campaña GALICIA SABE AMAR

0
Neda recibirá este mércores a visita dun dos foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR, destinada a promocionar os produtos do mar de Galicia, e...

Publicacións Relacionadas