Home A Coruña Mañá abre o prazo para anotarse nas actividades de envellecemento activo municipais

Mañá abre o prazo para anotarse nas actividades de envellecemento activo municipais

- Anuncio -

 As actividades distribúense polas parroquias e comezarán o día 4 de novembro.

O Concello de Ponteceso pon en marcha unha nova edición das actividades de envellecemento activo dirixidas ás persoas maiores de 60 anos, co obxectivo de promover un estilo de vida saudable e fomentar a participación social. Estas actividades, presentadas hoxe pola concelleira de Servizos Sociais, Marisé Álvarez, e pola educadora familiar Loli Blanco, desenvolveranse ao longo de dous cuadrimestres e inclúen talleres de memoria, uso de móbiles, coiro, cestería, manualidades e arranxos florais, entre outros.

A inscrición para participar nas actividades do primeiro cuadrimestre estará aberta dende mañá, 23 de outubro, ata o 30 do mesmo mes, e poderá realizarse de forma presencial no departamento de Servizos Sociais ou a través da sede electrónica do concello. A participación está limitada a persoas maiores de 60 anos, aínda que, no caso de quedar prazas vacantes, tamén poderán participar persoas de máis de 55 anos que se inscribiran.

As actividades darán comezo o 4 de novembro e están distribuídas por diferentes localizacións, tales como a Casa do Mar de Corme, Corme-Aldea, o Edificio das Escolas, Brantuas, Anllóns, Pazos, Xornes e Tella. Os horarios poderán axustarse segundo as necesidades que vaian xurdindo e haberá un sorteo público no caso de que a demanda supere a dispoñibilidade de prazas. Este sorteo terá lugar o 31 de outubro ás 11:00 horas no salón de plenos do Concello.

A concelleira de Servizos Sociais, Marisé Álvarez, destaca a importancia destas actividades para o benestar da poboación maior: “O noso obxectivo é seguir traballando para que as persoas maiores do noso municipio teñan acceso a un programa variado que lles permita mellorar a súa calidade de vida, tanto a nivel físico como emocional, ao tempo que fomentamos as relacións sociais”.

As prazas son limitadas e requírese un mínimo de participantes para a realización de cada actividade, polo que dende o Concello anímase á cidadanía a inscribirse o antes posible. As persoas interesadas en obter máis información poden contactar co departamento de Servizos Sociais no teléfono 881 983 223 ou consultar a páxina web oficial do concello: www.ponteceso.gal.

Relacionadas

Así de espectacular será este ano o Nadal en Carballo!

0
A carpa da Praza do Concello será “o centro neurálxico” do programa, que tamén encherá de actividade o Pazo da Cultura, o Fórum, as...

Inés Rey reclama un maior recoñecemento ás mulleres no eido gastronómico na presentación de...

0
A alcaldesa participou no acto de presentación do libro de Xavier Castro A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde o acto de presentación do libro...

Oito locais de hostalaría da Coruña optan á mellor tapa da cidade a través...

0
O xurado profesional seleccionou as creacións de oito locais, dun total de 44 participantes, con dez tapas elixidas para ser finalistas: cinco na modalidade...

O concello dá a benvida ao Nadal este xovés ás 18:30 horas co acendido...

0
Tamén se presenta a programación cultural municipal para as festas, que contará con moitas iniciativas para o público infantil e familiar. O Nadal chegará este...

Cinco Équidos habitarán o Castro de Montes Claros para realizar o control ecolóxico e...

0
A iniciativa é impulsada polo Concello coa colaboración da Asociación Pura Raza Cabalo Galego e Poni Club Galicia. Desde este mediodía o recinto do Castro...

Neda recibe este mércores a visita dun dos ‘foodtruck’ da campaña GALICIA SABE AMAR

0
Neda recibirá este mércores a visita dun dos foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR, destinada a promocionar os produtos do mar de Galicia, e...

Publicacións Relacionadas