Home A Coruña O XXXI Ciclo de Teatro de Ponteceso: un mes de cultura e...

O XXXI Ciclo de Teatro de Ponteceso: un mes de cultura e reflexión nos escenarios

- Anuncio -

 Cinco compañías teatrais encherán a o Edificio das Escolas de cultura durante todos os sábados de novembro ás 22:00 horas.

O Concello de Ponteceso pon en marcha unha nova edición do seu tradicional Ciclo de Teatro, que este ano celebra a súa trixésimo primeira edición. Ao longo do mes de novembro, a veciñanza e os amantes das artes escénicas poderán gozar dunha selección de obras teatrais de gran calidade, interpretadas por compañías recoñecidas e con temas de plena actualidade no Edificio das Escolas ás 22:00 horas.di
Raquel Fondo, concelleira de Cultura, destacou, na presentación do ciclo celebrada hoxe no salón de plenos do Concello de Ponteceso, na que estivo acompañada da técnica da área, Meli Amado, a importancia deste ciclo de teatro como “unha oportunidade para achegar ao público obras de gran calidade e fomentar a cultura no noso municipio”. Fondo tamén subliñou o compromiso do Concello con apoiar as artes escénicas, facilitando o acceso a espectáculos que non só entreteñen, senón que tamén invitan á reflexión sobre cuestións sociais relevantes.

A programación arrincará o vindeiro 2 de novembro coa obra ‘Unha inimiga do pobo’ a cargo da compañía Talía Teatro. Esta representación, unha adaptación da coñecida obra de Henrik Ibsen, propón unha reflexión crítica sobre a corrupción, a responsabilidade social e os conflitos entre o poder e a cidadanía. O público terá a oportunidade de afondar nunha peza que, a pesar do tempo transcorrido dende a súa creación, mantén unha vixencia indiscutible.

Seguindo co calendario, o 9 de novembro será a quenda de Redrum Teatro coa obra ‘O pequeno poni’. Trátase dunha emotiva historia que aborda temas como o acoso escolar e a exclusión social a través dos ollos dun neno e a súa familia, brindando unha perspectiva honesta e conmovedora sobre a infancia e a súa vulnerabilidade.

O 16 de novembro, Talía Teatro regresará a Ponteceso cunha nova proposta: ‘Desexo’. Esta peza explora as complexidades das relacións persoais e as tensións emocionais que poden emerxer no seo das familias, co habitual coidado interpretativo e posta en escena desta veterana compañía galega.
Cara ao final de mes, o 23 de novembro, a compañía Mala Sombra subirá ao escenario con ‘Testosterona’, unha comedia que afonda nas diferenzas entre homes e mulleres e os estereotipos de xénero, cun enfoque humorístico e crítico que convida ao público a rirse de si mesmo mentres reflexiona sobre cuestións de igualdade e roles sociais.

Por último, o 30 de novembro, Leti da Taberna pechará o ciclo coa obra ‘Enredadas’, unha divertida comedia coral onde as vidas de varias mulleres entrecrúzanse a través de situacións cómicas e enredos inesperados, ofrecendo unha reflexión sobre a amizade, o amor e as relacións no mundo contemporáneo.
As entradas para cada unha das funcións estarán dispoñibles para a súa reserva no Departamento de Cultura durante a semana previa a cada obra. As persoas interesadas tamén poderán facer a súa reserva chamando ao teléfono 630 907 124. Ademais, este ciclo teatral conta co apoio da Deputación da Coruña.

Relacionadas

Así de espectacular será este ano o Nadal en Carballo!

0
A carpa da Praza do Concello será “o centro neurálxico” do programa, que tamén encherá de actividade o Pazo da Cultura, o Fórum, as...

Inés Rey reclama un maior recoñecemento ás mulleres no eido gastronómico na presentación de...

0
A alcaldesa participou no acto de presentación do libro de Xavier Castro A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde o acto de presentación do libro...

Oito locais de hostalaría da Coruña optan á mellor tapa da cidade a través...

0
O xurado profesional seleccionou as creacións de oito locais, dun total de 44 participantes, con dez tapas elixidas para ser finalistas: cinco na modalidade...

O concello dá a benvida ao Nadal este xovés ás 18:30 horas co acendido...

0
Tamén se presenta a programación cultural municipal para as festas, que contará con moitas iniciativas para o público infantil e familiar. O Nadal chegará este...

Cinco Équidos habitarán o Castro de Montes Claros para realizar o control ecolóxico e...

0
A iniciativa é impulsada polo Concello coa colaboración da Asociación Pura Raza Cabalo Galego e Poni Club Galicia. Desde este mediodía o recinto do Castro...

Neda recibe este mércores a visita dun dos ‘foodtruck’ da campaña GALICIA SABE AMAR

0
Neda recibirá este mércores a visita dun dos foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR, destinada a promocionar os produtos do mar de Galicia, e...

Publicacións Relacionadas