Home A Coruña A Reserva de Biosfera, presente no VII Congreso Nacional de Ecoturismo como...

A Reserva de Biosfera, presente no VII Congreso Nacional de Ecoturismo como un dos exemplos de destino de ecoturismo familiar e neutro en carbono

- Anuncio -

● O vicepresidente da entidade e alcalde de Paderne, Sergio Platas, e o Director do PSTD, Diego López, participaron hoxe nunha exposición oral de experiencias e casos de éxito.

● Mariñas Coruñesas foi seleccionada desde a Secretaría do evento e por parte do Club de Ecoturismo de España pola tipoloxía de accións que se están desenvolvendo no Plan de Sustentabilidade.

● A Reserva de Biosfera é o único destino de Galicia que participa activamente e presentando o seu territorio como caso de éxito.

A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas está presente no VII Congreso Nacional de Ecoturismo que se celebra estes días no Geoparque da Costa Vasca como un dos territorios exemplo como destino de ecoturismo familiar e neutro en carbono. A Secretaría do evento, e o Club de Ecoturismo de España, seleccionou á Reserva de Biosfera pola tipoloxía de accións que se están desenvolvendo no seu Plan de Sustentabilidade.
A Reserva de Biosfera é o único destino de Galicia que participa activamente no evento e presentando o seu territorio como caso de éxito; tamén o primeiro destino que se certificou en ecoturismo na Comunidade Autónoma.
O vicepresidente da entidade e alcalde de Paderne, Sergio Platas, e o Director do PSTD, Diego López, participaron hoxe nunha exposición oral de experiencias e casos de éxito. Tamén nunha serie de reunións con representantes doutros destinos de ecoturismo certificados a través do Club de Ecoturismo en España, administracións e empresas especializadas en ecoturismo.
A redución e mitigación da pegada de carbono do destino, a rede eco da Biosfera, o desenvolvemento do pacto verde municipal, o plan de mobilidade sostible, a rede de centros da Biosfera, a mellora da accesibilidade turística e a potenciación do atractivo turístico dos mercados da Biosfera foron os temas principais que se trataron durante a exposición.
Sergio Platas, vicepresidente da Reserva de Biosfera, destacou o papel da entidade como “axente dinamizador do turismo na provincia da Coruña e en Galicia” e subliñou os “importantes pasos que se están dando para un futuro no que a redución de emisións e o respecto ao medio serán fundamentais”.
Pola súa banda, Diego López, xerente do Plan de Sustentabilidade Turística Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas, fixo un repaso conceptual ao longo das accións realizadas os últimos anos, así como as accións a nivel futuro baixo o PSTD da Reserva de Biosfera, enmarcado nos fondos Next Generation.
“A instalación de puntos de recarga para vehículos nos 17 concellos que compoñen nosa Reserva de Biosfera, o realizar ordenanzas municipais para fomentar a economía circular, mellorar a conectividade recuperando senllas tradicionais e ecoturísticas, optimizar a accesibilidade no litoral da Reserva ou poñer en valor os produtos agroalimentarios e turísticos coa creación dunha marca propia son só algúns dos eixos sobre os que vertebramos o noso plan de acción”, sostén López, quen quixo agradecer “a invitación para poder participar neste Congreso Nacional de Ecoturismo no Geoparque da Costa Vasca, sen dúbida un dos territorios modelo en toda España”.

Relacionadas

Así de espectacular será este ano o Nadal en Carballo!

0
A carpa da Praza do Concello será “o centro neurálxico” do programa, que tamén encherá de actividade o Pazo da Cultura, o Fórum, as...

Inés Rey reclama un maior recoñecemento ás mulleres no eido gastronómico na presentación de...

0
A alcaldesa participou no acto de presentación do libro de Xavier Castro A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde o acto de presentación do libro...

Oito locais de hostalaría da Coruña optan á mellor tapa da cidade a través...

0
O xurado profesional seleccionou as creacións de oito locais, dun total de 44 participantes, con dez tapas elixidas para ser finalistas: cinco na modalidade...

O concello dá a benvida ao Nadal este xovés ás 18:30 horas co acendido...

0
Tamén se presenta a programación cultural municipal para as festas, que contará con moitas iniciativas para o público infantil e familiar. O Nadal chegará este...

Cinco Équidos habitarán o Castro de Montes Claros para realizar o control ecolóxico e...

0
A iniciativa é impulsada polo Concello coa colaboración da Asociación Pura Raza Cabalo Galego e Poni Club Galicia. Desde este mediodía o recinto do Castro...

Neda recibe este mércores a visita dun dos ‘foodtruck’ da campaña GALICIA SABE AMAR

0
Neda recibirá este mércores a visita dun dos foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR, destinada a promocionar os produtos do mar de Galicia, e...

Publicacións Relacionadas